Cal é o futuro do nacionalismo galego?

Dirixentes de CxG, a Marea, Somos Nós e ex dirixentes do BNG analizarán a actual situación do nacionalismo galego nunha xornada na Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/04/2016 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Carlos Aymerich, Xoán Bascuas, Ana Luisa Bouza, Alba Nogueira, Lourenzo Fdez. Prieto e Xavier Vence participarán o vindeiro venres 8 de abril, na Facultade de Dereito da UDC, nunha xornada de debate sobre o futuro inmediato do nacionalismo galego e a súa conexión coas demandas da sociedade.

Xavier Vence, ex líder do BNG, exercendo o seu dereito ao voto
Xavier Vence, ex líder do BNG, exercendo o seu dereito ao voto

Así, estes destacados militantes nacionalistas abordarán o futuro do nacionalismo galego e a súa conexión coa sociedade, baixo a premisa de "por que fracasa o nacionalismo galego no seu obxectivo de ser maioritario". Tamén falarán sobre as formas de organización e cooperación, tanto electorais ou outras, que pode adoptar o galeguismo e que sexa sostible no tempo con posibilidade de éxito.

Baixo o lema de “Nacionalismo e sociedade galega”, a xornada constará de dúas mesas de debate e unha rolda aberta de intervencións. Na primeira, sobre “Sociedade galega", intervirán, estudantes, membros da universidade da empresa e profesionais de entre 20 e 40 anos. Ofrecerán a súa visión acerca de "por que o galeguismo non consegue ser maioritario en Galicia e como conectar mellor coa sociedade". 

Posteriormente, nunha segunda mesa participarán políticos de distintos partidos nacionalistas e galeguistas: Carlos Aymerich (ex Deputado do BNG), Xoán Bascuas (Secretario Xeral de Compromiso por Galicia), Ana Luisa Bouza (Vicepresidenta da asociación Somos Nós), Alba Nogueira (BNG), Lourenzo Fdez. Prieto ("Compromiso coa Marea") e Xavier Vence (ex-Portavoz Nacional do BNG). 

O ex voceiro parlamentario do BNG e ex militante desta formación, Carlos Aymerich, valora os resultados das eleccións galegas
O ex voceiro parlamentario do BNG e ex militante desta formación, Carlos Aymerich, valora os resultados das eleccións galegas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

13 eueu

Divide e vencerás. Se se presentan xuntos xa veriamos se gañaba ou non, o caso é que hai mediocres pitoños incapaces de ver as necesidades do país. E así nos vai.

12 Shin Chan

O futuro é consecuencia do pasado.

1 idesdecuiño

Moi válido para Galiza: O futuro mediocre será consecuencia do pasado mediocre, vendido e vergoñento dos que traballan para o señoritomadrid.

11 Ana

O futuro do nacionalismo galego deberia pasar por defender unha republica galega dentro dunha Confederacion Iberica. Esto sumaria votos de galegos independentistas e de galegos que non sendo independentistas recoñecen que Galicia é unha nacion e que contar con soberania e institucions propias e positivo para defender os intereses galegos. Pq indenpendentistas ou non todos sabemos que Galicia non vai por bo camiño: paro, emigracion, problemas demograficos, situacion do sector lacteo e a pesca, sin banca publica galega, a lingua galega practicamente inexistente en moitos ambitos, ¿tarifa electrica galega?, salarios e pensions baixas, talento galego na emigracion que non se aproveita, os aeroportos portugueses gañando clientes galegos, etc. Galicia debe se estado dentro dunha Confederacion Iberica e ponte coa lusofonia e Iberoamerica.

1 Ana

O nacionalismo galego, catalan e vasco deben sumar forzas para defender a soberania das suas nacions pero o mesmo tempo dentro dun proxecto de unidade e solidaridade entre os pobos que se chama Confederacion Iberica. Ahi podia sumarse Portugal, Andorra e incluso Gibraltar. A unidade e solidaridade, mais dentro do recoñemento das diferentes nacions e identitades e unha unidade "voluntaria" baseada no "dereito a decir". Un discurso nacionalista que fale de soberania, liberdade, solidaridade entre os pobos, identidade, defensa dos intereses economicos galegos e prosperidade sera sempre un discurso que gañara adeptos. Hai que defender o propio, mais sin renunciar a formar parte dun proxecto ambicioso que nos da peso no mundo como é a Confederacion Iberica.

2 CCG8

Cando haxa que nivelar soldos cos portugueses, ti a primeira.

3 Falangistasenparo

Seguide así: Cál é o soldo dos millóns de parados de máis que ten España respecto a Portugal? Ainda sodes tan palermas para falar de soldos? Cando haixa que discutir de soldos...os vosos os primeiros.

10 decepcionado con esta charla

O nacionalismo irá sempre mal con xente coma vós que credes que sodes máis listos que o colectivo, o que se decide democraticamente. Non vos valería a marea pero como agora na deriva fascista do mundo occidental está de moda outra cousa cambiades e traizoades. Síntoo pero teño un disgusto enorme vendo un pouco o que estades a facer...

9 Olaia Ledo

Algo terá que ver que persoas que interveñen estiveron na primeira liña e non deron coa tecla. Dígoo con toda a humildade e respeto. Tamén penso que é unha xornada coxa cando non contamos coa liña da única organización que a día de hoxe ten unha estratexia soberanista. CXG foi un fracaso electoral e en marea defínense como non nacionalista, é completamente lexítimo definirse así pero entón ese coloquio é outra cousa, ao mellor definido de antemán mais falar sempre paga a pena, iso está claro. Por certo, toda persoa que queira participar en como organizar o nacionalismo galego das vindeiras décadas ten a súa oportunidade no proceso adiante. Máis en adiante.gal

1 Tecla

Seguro que a nova Portavoz Nacional que estivo en primeira liña na executiva de 2003-2013 e agora novamente, e os repetidores sucesivos da executiva (Lobeira, Montse Prado, Nestor Rego...) siguen dando coa tecla do éxito.

2 Xaquín

Completamenta dacordo, Olaia. Penso que as novasa xeracións tentamos dar a cara en cousas que nos foron deixando e con sentido de país que non de partido. Fai falta sangue nova e xente que non dependa das organizacións se non que estean por ideas. Galiza vai morrendo e o importante non é confluír con quen é complice da morte (onte volvimos ver que en marea non é mais que un anexo de podemos e que todas as forzas alí representadas falaron TODAS menos eles, será que mentiron e mentirán) Eu polo menos non vous ser partícipe de algo que penso que nuns anos diremos "pois canta razón tiñan os que dicían que por aí galicia non camiñaba" como os que tivemos que ver que os do bloque tiñan a razón hai dez anos cando dicían que non a esta UE e os demais , incluído eu, dábamolos por tolos. Eu votei a favor da Constitución europea naquel refrendum mentira, e a miña cabeza aínda o está a pagar.