Temas: FUXIDAS

Feijóo repetirá como candidato á Xunta

O presidente do PPdeG confirma aos seus compañeiros que a súa "difícil decisión" é volver a loitar pola presidencia do Goberno Galego. Non parece que vaia haber adianto electoral.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/04/2016 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Sen sorpresas na agardadísima reunión da dirección conservadora galega. Alberto Nuñez Feijóo acaba de confirmar que tomou a "difícil decisión" de repetir como candidato á Xunta.

Feijóo no Comité de Dirección do PP no que anunciou que repetirá como candidato á Xunta
Feijóo no Comité de Dirección do PP no que anunciou que repetirá como candidato á Xunta | Fonte: Diego Gago

"Sempre que tiven que decidir, elixín Galicia", declarou visiblemente emocionado diante dos seus compañeiros. A práctica totalidade dos presentes xa daba por feito que Feijóo os convocara -incluídos aos ex-conselleiros- para facer un alarde de forza de cara ao lanzamento da súa candidatura. "Non hai maior honra na miña vida que servir a Galicia", declarou no Comité reunido esta mañá no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela.

Tampouco parece que haxa novidades na data dos comicios. "Galicia terá até a fin un goberno estábel", asegurou, descartando en principio un adianto electoral. O mandatrio recoñeceu que "non son intres doados" para o seu partido pero comprometeuse de novo coa "estabilidade". En clave xa electoral indicou que "Galicia segue precisando un partido sólido,con equipo e que sitúa galegos no centro das políticas". Aposta polo centro que tamén se ve no slogan escollido polo PP: "as persoas no centro".

A posta en escena deste sábado, con todos os mandatarios convocados (incluídos os ex-conselleiros, algo non habitual) demostra que Feijóo necesita sacar peito tanto en Galicia como en Madrid.

O político galego sabe que a súa posición como hipotético sucesor de Mariano Rajoy está tocada -por motivos que tampouco teñen moi claros máis alá da foto con Dorado-, como quedou demostrado cando case ninguén do PP estatal o apoiou a pasada semana, tras declarar que igual o seu futuro estaba na empresa privada.

De acordo a esta liña de argumentación, Feijóo presentarase as eleccións galegas como chanzo final para o seu verdadeiro obxectivo, dirixir o PP no Estado. Feijóo conta cunha vitoria en Galicia, pois os conservadores din manexar enquisas que lle dan entre 36 e 38 deputados.

Revalidar a Xunta -en solitario con 38 ou co apoio de Ciudadanos con menos- nun intre de claro retroceso electoral do PP en toda España situaríao na primeira posición para ocupar a cadeira dun Rajoy, cuxa condución da dereita en España durará o mesmo que se tarde en formar goberno no Estado.

Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

2 Os amigos do Feixoo

Que non vos enganen os medios de des-informacion. Hai un pacto do sistema. O PPsoE e o BNG van xuntos, o inimigo a bater son as posibles alternativas. Un exemplo: a farsa do pacto madrileño (a Podemos so lle queda tragar ou novas eleccions, case seguras). Outro exemplo: orzamentos da Deputacion clientelar de Lugo (aprobados polo PsoE-BNG coa retirada do PP, onte Candia, a lideresa do PP, presenta proxectos propios incluidos nos novos orzamentos do PsoE-BNG, todos contentos). Terceiro exemplo: a corrupcion compartida (sumamos outra: hoxe sabemos que Monbus regalaba a PP, PsoE e BNG, de novo o clientelar Bao polo medio).

1 Antonino

Noraboa a UPG principalmente. Ate Feijoo que marchaba para casa polo risco de perder as eleccions vai ficar no cargo. Otros 4 anos nos esperan de españolismo e de seguir desmantelando a nación galega. Que noxo

1 FartodeToñitos

¿Qué pasa Toñito, que te veo un poquiño asustadito? Pues claro que va a repetir mayoría absoluta... ¡como tantas y tantas veces!

2 Comunista

A actitude sectaria do Bloque é a peza fundamental para que continúe Feijóo. Os votos tirados ao que queda do BnG, que non vai chegar 5%, é o único que fai que ao PPdeG lle saian as contas con C´s e, se cadra tamén, a DO de Jácome. O papel da UPG/MGS: sipaios 2.0.