Temas: OVNI FERROL

Na procura de OVNIs en Galicia

O investigador Miguel Pedrero recupera os principais casos de observación de ovnis en Galicia nun novo libro editado por Cydonia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/04/2016 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A ondada de Obxetos Volantes Non Identificados (OVNIs) de 2011, as supostas naves que se estrelaron en Galicia ou o enigma dos “Foo-fighters”, que puideron se observados no ceo galego, son parte dos casos que analiza o investigador e xornalista experto en ufoloxía, Miguel Pedrero, nun novo libro editado por Cydonia.

Suposto prototipo de nave da NASA que se estrelou logo de surcar os ceos de Ferrol en 1966
Suposto prototipo de nave da NASA que se estrelou logo de surcar os ceos de Ferrol en 1966 | Fonte: mundoinsolito.com

Baixo o título de “Los 20 mejores expedientes X españoles”, Pedrero, redactor da revista “Año/Cero” e do programa de RNE “Espacio en Blanco”, recolle distintos casos de OVNI que aconteceron en Galicia. Entre eles, salientan as supostas naves que se puideron ver desde principios de setembro de 2011 e ata mediados de novembro de 2011. Tamén a suposta nave que caeu en Outes en 1994 e que foi investigado por un equipo de científicos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, de Santiago de Compostela, dirixidos polo seu director, José Ángel Docobo Durántez.

Outro dos expedientes analizados é o acontecido o 14 de xuño de 1996, cando un obxecto non identificado cruzou os ceos galegos e caeu entre as localidades de Carballo e A Silva. Este obxecto puido ser filmado e visto na comarca de Santiago. “Era sobre as 23.30 horas. Estaba no xardín da miña casa coa miña filla e vimos como un haz de luz potentísima nos iluminou. Tiña cinco metros de diámetro, aproximadamente, e procedía do ceo. Entón esta luz desapareceu e vimos aquel aparato voador, ou o que fora, xusto sobre a nosa vertical”, lembra Isabel, unha veciña de Sebe, en Cacheiras.

Tamén outro obxecto non identificado tería caído nas augas da ría de Muros-Noia uns meses despois, en xaneiro de 1997 e foi visto por un parente dun “coñecido editor galego, nese momento, dono de varias publicacións de ámbito rexional”, Miguel Bretal, dono dunha autoescola en Ribeira.

Pero, sen dúbidas o caso máis estraño foi o acontecido en 1966 en Ferrol, cando a Armada española fíxose cos restos dunha aeronave en forma de platillo volante que sobrevoara as instalacións militares e que acabou precipitándose no mar. Días despois, aparecían os seus restos nas redes dun barco pesqueiro a cuxa tripulación obrigaron a manter segredo de estado baixo ameazas. O Exército estudou os restos  que resultaron ser un prototipo da NASA, unha nave que podería ter fins espías. O Exército de EE.UU. fíxose, despois, cargo daquel aparello.

Crater aparecido en Outes en 1994 e sobre ao que, a día de hoxe, hai moitas incógnitas
Crater aparecido en Outes en 1994 e sobre ao que, a día de hoxe, hai moitas incógnitas | Fonte: mundoinsolito.com

No libro tamén se relatan outro tipo de experiencias paranormais, como a visión dos coñecidos como “foo-fighters” ou “cazas de lume”, que reciben o seu nome dos pilotos que na Segunda Guerra Mundial viron estas pequenas bolas nos ceos. Este tipo de esperas de menos dun metro tamén foron vistas nunha casa en Baredo (Pontevedra) en 1998, causando enormes destrozos na vivenda. Tamén un monxe de Samos, Martín María, dixo ver unha bola coas mesmas características en 2009 preto do seu mosteiro.

Temas: OVNI FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Bieito

Lembro a ún que se converteu en vampiro. E morreu de fame. Tinha dentadura postiza.

3 ixtlan

A ver se un día destes un OVNI se chanta diante da oficina de Feijoo e o abduce para ve-la verdade, ou consegue que os trolls de GC se dediquen a cousas de proveito en lugar de enche-lo xornal de críticas indesexables, ou se cadra se lles aparece ós inspiradores do terror español ou mesmo internacional para facerlles saír das tebras. Sigamos crendo nos OVNIs, é unha das poucas esperanzas de que este mundo noso sexa menos predicible e máis respirable. Cando a xente se preocupaba por pratos voadores polo menos non tiña que facelo por cousas máis arrepiantes...

2 o misterio somos nós

claro que hai extraterrestres pero eles son os normáis e venhen á Gz para estudar o misterio dos que votan PePerolo eleición tras eleición, que non se viu caso semelhante en toda a galaxia

1 eusi

Éche ben certo que o que non tén que facer sacha os nabos por nacer. E neste xornal deberian dar importancia a noticias mais serias e non a patrañas e pseudo-ciencia.