Unha homenaxe á xeración perdida da Arousa

Gañemos Vilanova pide que se lembre aos mozos que morreron vítimas da droga nos 80 cunha praza no concello.

Por Galicia Confidencial | Vilanova | 04/04/2016 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Aqueles mozos dos anos 80 que representaron unha xeración marcada polas drogas na comarca da Arousa poderían ter a súa xusta homenaxe. A Xeración perdida, como se lles coñece, foron moitos mozos desa época pero está representada por un grupo de amigos e compañeiros dun equipo de fútbol sala, o "Dejadnos vivir".

Membros do equipo 'Dejadnos vivir', case todos eles mortos por efectos da droga nos anos 80, unha época que se coñece como xeración perdida
Membros do equipo 'Dejadnos vivir', case todos eles mortos por efectos da droga nos anos 80, unha época que se coñece como xeración perdida | Fonte: oblogdefernandosalgado.blogspot.com

Precisamente, Gañemos Vilanova presentará no vindeiro pleno do concello dúas mocións. E, nunha delas, proporá que se nomee unha praza co nome deste mítico equipo que simbolizou a toda esa xeración do anos 80.

Esta formación lembra que estes mozos, en vez de "coidados ou tolerancia", o único que recibiron das institucións foron "tundas e cárcere dunhas forzas policiais e xudiciais herdadas do franquismo, e desprezo dunha sociedade bempensante, puritana". Unha sociedade, polo contra, que "non tiña ningún problema en facerlle reverencias aos narcotraficantes, en aceptalos nas súas festas e comedelas, en aceptar os seus donativos de cartos en negro para certos partidos políticos, salvo as honrosas excepcións dalgunhas asociacións".

Na súa moción, Gañemos Vilanova, ademais do nome “Dejadnos vivir” a unha praza, tamén pide que se coloque unha placa ou estatua "se a situación económica do Concello mellora algún día", en homenaxe e lembranza a eses mozos perderon as súas vidas nos anos 80, "vítimas dunha epidemia de adicción, de enfermidade, de desleixo social e institucional, de intolerancia".

Tamén lembra que o abuso destas substancias por parte dalgunhas persoas "non é só porque sexa inmoral, mais débil ou teña menos forza de vontade que os demais", senón porque está asociado "á depresión, á dor crónica, a vivir en contornas onde a esperanza e os incentivos son escasos ou nulos". "Por iso se entende que algunhas das persoas mais creativas, mais soñadoras e inquedas da nosa comarca, recorreran ao uso das drogas, descoñecendo os seus efectos a largo prazo", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Elena

Grazas Bieito polo comentario. Un saúdo.

2 Elena

Grazas Bieito polo comentario. Un saúdo.

1 Bieito

Canta razón tenhen! Máio o de "dejadnos vivir" xa vai sendo hora que estes desaparecidos lhes honren na súa terra. E na sua terra é "déixadenos viver". Porque entre outras cousas, nas súas contornas sociais, estes xóvenes non atoparon máis que xente "benpensante" afeitos á dictadura e provincianos de posguerra, como se soe dicer, "até as cachas". Aínda segue a habela. Non hai máis que ver os que votan ó PP. Non por serem de dereitas. Que cada quen que faga o que quera...Por serem atrasados mentais e amigos dos mafiosos. Sí, a xente "bempensante é amiga dos mafiosos" incluindo a moitos pais destes rapaces mortos.