A situación dos CONA

O Colectivo dos Non Adscritos, coñecido comunmente como CONA, volve a funcionar aínda que os seus membros se teñan dividido entre quintanistas e beiristas logo das grandes diferencias que enfrontaron a Beiras e Quintana despois da XI Asamblea Nacional...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/09/2006 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Actualmente, este colectivo dividiuse en dous polos, aínda que alguén fala de tres; o que representa Roberto Mera (que encabezou o liderazgo dos CONA na XI Asamblea Nacional) e Ana Luisa Bouza (directora xeral de Igualdade), o que representa Emilio Ínsua (da zona do Condado e moi próximo a Beiras) e o que di manter Amada Traba (man dereita de Camilo Nogueira).

Mera é, agora, un dos principais aliados de Quintana na súa estratexa de fixar un grupo propio dentro do BNG. Ínsua é un firme impulsor do Foro -movemento impulsado polos Beiristas-, mentres que Traba traballa activamente na Alternativa, a candidatura impulsada por Nogueira e EN.

Os antigos aliados converteronse, agora, en inimigos políticos. De feito, tanto os CONA beiristas e camilistas acusan a Mera, Bouza ou o deputado Manuel Parga de "terse vendido" por postos institucionais. Non obstante, éstes lembran que quen traicionou os postulados dos Non Adscritos foron eles por aliarse "con quen sexa" co único fin de atacar a Quintana e esquencer os principios fundacionais do colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 Vicenzo

O tal untado mestura "churras con meninas" que dicía Pérez Varela. Algunha da xente que figura aí xa traballaba con soporte dos medios públicos antes (ata que os meteron nunha listaxe negra polos films en cuestión) e seguirán probablemente traballando cando cambie este goberno, salvo que algún resentido utilice este tipo de relacións para vetalos no futuro. O país é o que é e fóra dos medios públicos xa me pode dicir vostede que espazos quedan para os actores. E creo que, por exemplo, Manolo Rivas non precisou da "axuda" da actual Xunta para darse a coñecer. Creo eu.
Non nego enchufes e me parecen deleznables, pero creo esa lista é inxusta.

7 CM

Meu deus! Artistas que traballan! Que espeluznante!

6 CM

Meu deus! Artistas que traballan! Que espeluznante!

5 que volte superpinheiro

Arrea com os serviços de informação do PP!! Todos fichados como nos velhos tempos...

4 Xosé Castro

Que grande é o post de untados... Unha auténtica marabilla!

Mentre lía esa fedorenta lista de "untados" polo poder da Xunta, imaxinaba a moitos deles engordados como o touciño dun cocho. Que gran avance para o país. Por fin, os porcos colorados está cebados grazas aos impostos.

¡¡¡Viva a revolución!!!