A Xunta di que non ten competencias para investigar se hai cidadáns ou empresas galegas nos ‘papeis de Panamá’

O conselleiro de Facenda recoñece que pode haber nomes galegos na masiva filtración de documentos do bufete de abogados panameño Mossack Fonseca.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/04/2016 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, recoñeceu hoxe que "pode haber cidadáns ou empresas galegas" nos chamados 'papeis de Panamá', a masiva filtración difundida polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ, nas súas siglas en inglés), con máis de 11,5 millones de documentos obtidos en 2015 dos servidores de Mossack Fonseca, un bufete de abogados panameño dedicado principalmente á xestión de sociedades offshore.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, con Feijóo, nun Consello da Xunta
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, con Feijóo, nun Consello da Xunta | Fonte: Xunta

Martínez aegurou que a Xunta estará alerta, pero tamén dixo que o Goberno galego non ten competencias para investigar este caso. "En principio, son competencias que están radicadas na Agencia Tributaria" estatal, explicou o conselleiro, polo que di que só lles toca "esperar" a que os responsables deste organismo traballen no asunto para averiguar se hai intereses galegos neste escándalo de dimensión internacional.

O conselleiro explicou que "na medida en que ese avance" na investigación deste caso "vai a ser relativamente difícil que poda tocar o que son as competencias da comunidade". Nese sentido, argumentou que este é un asunto "de competencias" que, neste caso, son "propias e exclusivas do Estado".

"Cando se desenvolva [a investigación], pode haber cidadans ou empresas galegas e estaremos para ver o que sucede, pero verdadeiramente no son competencias autonómicas as que tenemos que activar neste momento", dixo Martínez.

Malia traspasar toda a responsabilidade ao Goberno central, o conselleiro insistiu en que a Xunta está moi interesada en coñecer todos os detalles desas filtracións e que o Goberno galego actuará en función do que resulte das investigacións da Agencia Tributaria estatal. "Estaremos moi á expectativa, pero sabendo que esa iniciativa non é da Xunta", reiterou o conselleiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta