O xuíz da Gürtel investiga ao Pastor pola suposta ocultación de 1.200 millóns

A Oficina Nacional de Investigación del Fraude (ONIF) xa remitiu ao xuíz do caso Gürtel a súa análise da documentación incautada no rexistro da sede central do Banco Pastor na Coruña en 2015. As conclusións non son nada favorábeis para o banco de marca galega que, en declaracións a GC, promete total colaboración coa Xustiza.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/04/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Segundo informa Radio Coruña, o Pastor incumpriu gravemente a súa obriga de controlar o blanqueo de capitais en relación a dúas sociedades, Belfast Link -situada en Uruguay- e Eves -na Arxentina. A ONIF detalla  nun informe que o Pastor non controlou a titularidade real de certas contas e hai contradicións na documentación bancaria. A entidade financeira non tería cumprido coa súa obriga de vixiar unhas contas malia que nelas movéronse máis de 1.233 millóns de euros en cantro anos.

Fachada do Banco Pastor
Fachada do Banco Pastor | Fonte: Berto García Flickr

O motivo que se investigasen as citadas dúas sociedades é que durante a investigación do caso Gürtel detectouse que un empresario imputado por pagar presuntamente en negro ao PP fixera importantes transferencias a estas contas.

Quen está realmente detrás de Belfast Link e Eves? No caso de Belfast Link, os homes de palla parecen ser Manuel Roel e Walter Manuel Hernández. Eles operarían para o uruguaio o Fernando Juan Castagno Schickendant e Marcelo Pereira Darriulat. Schickendant tería recibido fondos de Luís Bárcenas a través doutra sociedade. 

A investigación deste tema vén de moi atrás. Xa en 2014 Facenda advertira ao banco galego das consecuencias da súa falta de cooperación. 

A Administración nun informe enviado ao xuíz Ruz en 2014 denunciara que o Pastor tardara sete meses en responder ao seu requirimento de documentación e por riba “el banco únicamente ha aportado copia del pasaporte y del documento de identidad de los apoderados”.  A “especialmente grave” falta de cooperación da que falaba a Axencia Tributaria producíase malia que investigaba ”cuentas cuyos titulares y apoderados no están identificados en la base de datos consolidada de la Agencia Tributaria y que presentan gran cantidad de movimientos, muchos de ellos por importes elevados". A Xustiza reaccionou ordenando o rexistro da sede do Pastor nos Cantóns coruñeses o pasado verán. O informe produto desa intervención é o que revelou en primicia a Ser.

José María Arias Mosquera
José María Arias Mosquera | Fonte: xornal.usc.es

Pola súa banda, o Banco Popular -matriz actual do Pastor- responde desvinculándose as posíbeis responsabilidades, destancando que os feitos investigados presuntamente se produciron antes de que a entidade madrileña mercase o banco herculino. Segundo explican voceiros do Popular a GC, a entidade "está a colaborar con Facenda ao 100% en todo o que necesite e dende o primeiro momento".

O Pastor indica que dende o verán pasado non recibiu ningún requerimento máis por parte dos xulgados e que non ten coñecemento do informe da ONIF sobre a suposta falta de control das contas investigadas na Gürtel. Tras insistir que sempre ofrecen "toda a colaboración" coa Xustiza neste tipo de investigacións, aclaran que polo de agora non hai ningunha persoa relacionada co banco investigada.

José María Arias, presidente do Banco Pastor, que mantén a súa marca diferenciada malia estar plenamente integrado no Popular, forma parte do actual Consello de Administración da entidade estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

O titular é enganoso. Unha ocusa é mover polas contas 1.200 millóns e outra ter ocultado dita cantidade. Tamén estamos a espera da que lle vai car a Abanca, ainda que esta futura sanción xa temos pagada todos, por permitir que un apoderado de Ruiz Mateos retirase diariamente durante moito tempo máis de 150.000 euros (diarios) en efectivo, sen ter comunicado ren de ren ao Banco de España