O sur de Pontevedra prepárase para novos ataques da vespa asiática

A Asociación Galega de Apicultores organiza varios cursos en Gondomar e Mondariz e unha charla sobre esta especie no Rosal.

Por Galicia Confidencial | O Rosal | 06/04/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Chega a primavera e con ela o temor a novos ataques da vespa velutina, coñecida como vespa asiática, e que tantos problemas está xerando aos apicultores de determinadas partes de Galicia, especialmente, o sur.

Diferencias entre a vespa galega e a vespa asiática
Diferencias entre a vespa galega e a vespa asiática

Por iso, a Asociación Galega de Apicultores (AGA) quere prparase ante o temor a novas pragas e realizará diversos cursos de iniciación á apicultura nos concellos de Gondomar e Mondariz e unha charla sobre a Vespa velutina o día 16 de abril no Rosal.

A formación é a base imprescindible para introducirse neste fascinante mundo das abellas”, apunta esta entidade nun comunicado no que suliña que estes cursos van dirixidos, principalmente, a persoas que queiran comezar na apicultura, pero tamén ás que xa teñen colmeas e queiran renovar coñecementos.

Elixiron as comarcas do Val Miñor e o Condado porque contan, ademais, con boas condicións para a práctica apícola, e porque é nesa zona onde hai unha elevada presencia da avespa asiática, o cal supón unha ameaza para as abellas e a apicultura. AGA explicará o comportamento deste avespón, como reducir o seu impacto nas abellas e no ecosistema e ofrecerá ademais información do programa de loita contra a avespa asiática « Stop Velutina » que leva a cabo a asociación durante este ano. 

Os cursos terán lugar no Centro Neural de Gondomar os días 8, 9 e 10 de abril e no Centro Social de Mondariz o 16 e 17 de abril. Todas e todos os interesados poden obter máis información na web www.apiculturagalega.es e inscribirse por email info@apiculturagalega.es ou por teléfono 981 508 142 / 981 589 534 / 630 069 637.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta