A Xunta vincula a petición de investigar os cursos de FESAN con Venezuela e Podemos

Alberto Núñez Feijóo di que o seu goberno dará información sobre esta fundación “cando se solicite” pero critica a Podemos por ter recibido, supostamente, diñeiro doutra fundación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/04/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, relacionou de xeito directo a petición dunha comisión de investigación no Parlamento galego por parte de AGE para que a Xunta informe dos dez millóns que lle deu á Fundación de Estudio y Análisis (FESAN) coas informacións publicadas polo ABC e que relacionan, novamente, a Podemos co Goberno de Venezuela.

Feijóo na Cámara galega
Feijóo na Cámara galega | Fonte: parlamentodegalicia.es

“É difícil de crer que se pida información sobre isto cando xusto se coñece o financiamento irregular do Goberno bolivariano a Podemos”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta vinculando, claramente, os dous feitos.

En todo caso, amosou a súa disposición e a da Xunta a informar sobre os cursos da FESAN financiados e lembrou que tamén o goberno bipartito financiou boa parte desa formación. “O goberno ten que dar información cando se solicite e actuaremos sempre con legalidade”, suliñou.

Pero Feijóo tamén aproveitou para criticar duramente a Podemos por ter recibido, supostamente e segundo publica o ABC, diñeiro do Goberno de Venezuela a través doutra fundación. Unha información que este xoves criticaba duramente o director de El Español e ex director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, e que vinculaba directamente ao Ministerio do Interior do Goberno español.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Mellor adiquese a solucionar os problemas de Galiza: paro, emigracion, problemas demograficos, situacion do sector lacteo e a pesca, salarios e pensions baixas, a situacion da lingua galega, etc. Claro que cando non se ten nada que aportar para solucionar os problemas do pais é mellor falar de Venezuela. Por certo, se esa informacion e certa, ¿a que agardan para denuncialo ante a xustiza?. ¿Ou sera que non hai caso pero hai que falar de Venezuela para non falar de Galiza?.