Directivos de El País, ABC e EFE debaterán sobre a rexenaración democrática

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá a partir do próximo martes un curso monográfico sobre “Rexeneración democrática e institucional”, no que participarán relatores de múltiples disciplinas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/04/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O curso pretende abordar os desafíos aos que deben facer fronte as institucións públicas para a rexeneración democrática e promover o debate acerca da transparencia, a participación, o control da actividade pública por parte da cidadanía, a rendición de contas e a prevención e loita contra a corrupción.

Bieito Rubido nunha imaxe de Periodista Digital
Bieito Rubido nunha imaxe de Periodista Digital

Ademais, permitirá reflexionar sobre os principios e valores que fundamentan a actuación dos poderes públicos e analizar aquelas accións que se han de acometer para mellorar a calidade democrática das institucións e darlle unha resposta satisfactoria ás demandas da cidadanía.

Por último, o curso servirá para pór de manifesto o papel da xustiza na rexeneración democrática, destacando a importancia da independencia xudicial; e debater acerca do labor que lle corresponden aos medios de comunicación na rexeneración democrática e institucional.

Esta actividade está dirixida a empregados das Administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das Universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

Programa das xornadas

O curso comezará a mañá do martes coa conferencia inaugural “Rexeneración ou estancamento”, ao cargo do político e escritor, Joaquín Leguina. Posteriormente será a quenda da avogada Elena Herrero-Beamount, membro do Consello de Transparencia Internacional, que disertará sobre “A ética e a transparencia empresarial ante novas formas de poder social”; e do presidente do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Redondo, que abordará o papel deste ente fiscalizador no marco da nova lei.

Xa pola tarde, os asistentes poderán escoitar a Daniel Innerarity, catedrático de filosofía política e social na Universidade do País Vasco e director do Instituto de Gobernanza Democrática, que falará sobre “A política en tempos de indignación”. A xornada rematará cunha mesa redonda sobre “O papel dos medios de comunicación na rexeneración democrática”, na que participará o director do ABC, Bieito Rubido, o adxunto á dirección de El Pais, Javier Ayuso, e a delegada da Axencia EFE en Galicia, Ana Martínez Pedrosa.

A última xornada, na mañá do martes, contará co catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Carlos III, Tomás de la Quadra-Salcedo; e o maxistrado da Audiencia da Pontevedra, Manuel Almenar; que falarán sobre “Crise e oportunidade” e “Independencia xudicial e rexeneración democrática”, respectivamente. A conferencia de clausura impartiraa o catedrático de Dereito Constitucional da UAB, Francesc de Carreras Serra, baixo o título: “Rexeneración institucional: democracia e partidocracia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Alexandre Sanfiz

Estades mortos mediáticamente para moita xente. Cada vez máis. Eu, cando era novo, mercaba EL PAÍS con EL SEMANAL unha vez á semana. Hai moitos anos que non o fago. Daríame vergonha que me viran con él. É como dicerlhes ós que me ven que leo o IBEX 35 unha vez por semana. Iso sí, con comentaristas disfrazados de esquerdistas que xa non cre ninguén. Excepto ós que se quedaron nos 70 e 80 como si fosen estatuas.

1 Alexandre Sanfiz

Incluso, no meu caso, diriavos máis. Empecei a falar galego de maior. Un tempo depois de deixar de ler EL PAÍS. Suponho que é sintomático de moita xente que son neo-falantes, coma mín. Ó principio dábame vergonha falalo. Xa sabes, dicer cheiro, cumio, polvo...e cousas polo estilo faciame sentirme como un pailán ignorante. E iso que era lector semanal de EL PAÍS. Xa ves, cuestión de madurez persoal. Custoume. Dígocho de verdade. Pero agora séntime ben. Depois dos sufrimentos que pasei.

1 lagarteiro

Bieto Rubido na mesa redonda onde se falará do papel dos medios de comunicación na MANIPULACIÓN democrática ou como enganar á cidadanía para que todo siga igual... de PODRE!! MANIPULADOR E CORRUPTO!!