“Tanto como falamos dos campos de concentración nazis e resulta que agora nós facemos o mesmo”

Jesús Blasco de Avellaneda é un dos grandes xornalistas sociais do Estado. Non ten pelos na língua para denunciar o xenocidio que se está cometendo con milleiros de inmigrantes que chegan a Europa, especialmente, sirios, iraquíes, afganos e iraníes. Denuncia ás potencias occidentais pola súa hipocresía de causar guerras por intereses económicos e logo querer paralas pola chegada de refuxiados. Tamén critica o xornalismo que se está facendo, moi pouco comprometido coa actual situación.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Jesús Blasco de  é un destacado xornalista, fotoxornalista, fixer e produtor español referente no xornalismo social que destaca polo seu traballo na fronteira sur de Europa. Foi o primeiro xornalista en denunciar os abusos nas migracións sur-norte e en mostrar imaxes das expulsións irregulares de inmigrantes, o que lle valeu tres detencións en Melilla e cinco en Marrocos e tamén numerosos premios. O seu traballo está centrado na defensa dos valores humanos, a pesar de ter que traballar constantemente vixiado, perseguido e non poder moverse con liberdade en Marruecos.

Jesús Blasco de Avellaneda, xornalista social / melilla.partidoequo.es/
Jesús Blasco de Avellaneda, xornalista social / melilla.partidoequo.es/

"En vez de queimalos estamos deixando que se afoguen e dándolle unha patada no cu para que marchen de volta. Pois pasará o mesmo que co nazismo. Dentro de 50 anos virán as seguintes xeracións e dirán o criminais que fomos", apunta sobre a actual crise de refuxiados. "Teriamos que estar todo o mundo activista alí, aínda que sexa pasando fame, porque isto é unha urxencia humanitaria a escala mundial porque Europa é un continente e xa nos están sinalando co dedo no resto do mundo porque somos uns merdas", engade.

Tamén critica o xornalismo que se está facendo con este tema. "Para sacar unha foto do neno morto ao teu carón pois somos moi bos, pero para axudar pois moitas veces nos escondemos y iso no pode ser", apunta. Precisamente, Blasco estivo falando de xornalismo social na Facultade de Xornalismo, en Santiago, convidado por Agareso e aproveitamos para falar con el.


Ti tes unha gran experiencia na chamada fronteira sur, a fronteira de Europa con Africa en Ceuta e Melilla. Que pasa alí que non coñezan o resto dos cidadáns?Moitas cousas. Por exemplo estes días houbo un novo salto de inmigrantes, dos que só conseguiron pasar a España, oito. Pero os que saltan están agora en campamentos novos. Os do Gurugú xa non existen porque foron arrasados en febreiro e marzo de 2015 con xente morta e desaparecida e outra que mandaron ao medio do deserto ou a Arxelia. Durante todo o 2015 falouse de moita avalanchas sirias perologo dos atentados de París, Francia díxolle a Marrocos que se levara a todos os sirios por temor a atentados e leváronos a Arxel aos que estaban mesmo de forma legal no país. E iso non se conta e está pasando, e tamén que Arxelia non permite a entrada de cidadáns sirios, iraquíes, iraníes ou afganos sen visado. Agora abriuse unha nova vía de entrada que é polo deserto atravesando Mauritania, Mali e o sur de Marrocos.

E hai esperanza para eles?
Non. Ao frearse moito o salto de inmigrantes pois están buscando novas formas de chegar á península máis perigosas, como ir nos dobles fondos de vehículos ou realizar os saltos ou ir nado. Moitos deles son menores de idade, pequenos e moi rápidos. Subsaharianos e sirios, tanto homes como mulleres. Os centros de menores están colpasados e se está dando un problema cos menores non acompañados porque os que chegan a Melilla non se queren quedar alí. Ao final pasan moito tempo e non é unha estancia temporal, senón ata sete anos. Saen de alí e tentan fuxir nos barcos que van á Península e algúns xa morreu afogado ou atropelado. É algo frecuente.

O xornalista Jesús Blasco de Avellaneda
O xornalista Jesús Blasco de Avellaneda | Fonte: geaphotowords.com

E despois dos conflictos que hai en Siria, Libia, Irak, Sudán e outros países, nótase unha maior afluencia?
Non é unha cousa de agora. Sempre que hai guerras ou fames chegan máis das  acionalidades en conflito. Houbo épocas que viñan de Eritrea, Etiopía ou Sudán do Sur, e aínda veñen, como tamén marroquíes, arxelinos e cameruneses. Tamén veñen nixerianos e alí hai moitos problemas con Boko Haram, onde hai dez anos non pasaba nada. Estase dando que hai inmigrantes de dúas categorías; os que pagan ás mafias para cruzar en barca o estreito e os que non teñen nada, non perden nada, e tentan saltar o valado de Melilla ou ir a nado. Moitos van á desesperada sabendo que se van a cortar, poden ser deportados ou mesmo que poden morrer. Ás veces mandan todos ao mesmo sitio aínda que sexan de Mali e os mandan a Nixeria.

Ti xa foches detido en varias ocasións por querer contar o que pasa. Hai medo a que se conte a realidade?
Si, pero non ten que haber medo. Eu fun o primeiro en documentar con vído e fotos as  primeiras expulsións de inmigrantes. Eu teño gravadas pateras que chegaban a Melilla e como a Garda Civil as collía con cordas e as levaba a alta mar e logo chamaba á xendarmería marroquí para que se fixeran cargo. Ao principio foron a por min, dicindo que eu traficaba con inmigrantes cando todos saben que é unha mentira. Pero a xustiza é como é, e unha tontería de xuízo se alonga dous anos. E estiven sen cámaras e sen nada durante ese tempo. Querían condenarme por relevación de segredos de Estado. Outras, con cousas tan ridículas como que eramos dez xornalistas e me detiñan só a min e logo meterme nun calabozo e acusarme do que fora só para que me condearan. En Marrocos detiveronme por ser quen denunciaba o que pasaba cos inmigrantes. A última vez que me detiveron en Marrocos foi na fronteira entrevistando a unha muller siria e estiven todo un día enteiro preso por nada.

Agora estamos vendo unha Europa pechada. De feito, a UE criticou ao seu día a España polas chamadas devolucións en quente. Por que deu este xiro?
Home, isto é como todo. Que bonito son os negros, que bonito Obama e Michel Jordan pero cando casa coa miña filla: "Me cago nos negros". Pois se temos que pagar porque non veñan ou para darlle de comer, pois pagamos, pero coa condición de que non cheguen á nosa casa. E, por iso, mellor mandalos a tomar polo cu. Por iso, para evitar que veñan, pois propiciamos que acabe a guerra de Siria para que logo xa non veñan. Sempre é o mesmo. Criticaban as devolucións en quente de España e agora pediuselle a España o mesmo acordo que ten con Marrocos para facelo tamén entre EU e Turquia. E agora Europa, que tanto criticaba a España, é o que fai con Turquía. A única diferencia é que en Melilla servía para discriminar por color. Todos os que veñen dun país de guerra teñen a condición de refuxido pero se es negro, é un problema económico e, fóra. Tanto como falamos dos campos de concentración nazis e resulta que agora nós facemos o mesmo. En vez de queimalos estamos deixando que se afoguen e dándolle unha patada no cu para que marchen de volta. Pois pasará o mesmo que co nazismo. Dentro de 50 anos virán as seguintes xeracións e dirán o criminais que fomos. Teriamos que estar todo o mundo activista alí, aínda que sexa pasando fame, porque isto é unha urxencia humanitaria a escala mundial porque Europa é un continente e xa nos están sinalando co dedo no resto do mundo porque somos uns merdas. Todos os países árabes teñen millóns de sirios e nós por uns poucos mandamolos para alá. E isto pagaremolo e pasará pola Corte Penal Internacional e sinalarán co dedo.

Entón que debe facer a sociedade, a xente de Europa. Como teríamos que actuar neste momento?
Non sei. Nós temos que visibilizar o problema, pero non sei dicirte cal é o problema. Isto é como o PSOE, Ciudadanos ou Podemos que poderían chegar a un acordo se interesara España. Pois aquí, igual, se realmente interesa solucionar o problema, pois habería que sentarse e solventalo xa. Non como en Libia, que só bombardean uns barquiños. O problema é que hai que loitar nos países de orixe e cando o problema está en casa, pois darlle unha solución na casa. Pero primeiro é deixar de mandar armas a Siria e apoiar a al Assad ou ao Daesh. Se non se apoiara esta guerra pois as cousas non estarían como están. E sobre todo, o xornalismo, que para sacar unha foto do neno morto ao teu carón pois somos moi bos, pero para axudar pois moitas veces nos escondemos y iso no pode ser.

As primaveras árabes semella que non serviron para nada. Por que?
Hai quen ve que están detrás destes movementos islamitas pero sempre é bo que haxa primaveiras en todos os países, como pasou aquí no 15M. E é bo que en todos os países a xente saía ás rúas para protestar e acabaran con ditadores, aínda que agora digan que son bos. Franco deu 40 anos de paz pero unha soa execución non xustifica esa suposta paz. E, menos, senón ten o respaldo da xente. Eu entendo a primavera árabe como tentar acabar coas dictaduras e comparto esa visión. En Marrocos, conseguiron cousas, mesmo cambiar a Constitución. Algo se fixo e para algo serviu. Pero en Marrocos seguen penalizando aos homexesuais. No CETI hai ata un cento deles que fuxen do seu país.

E entón porque triunfan as tesis do Daesh ou de Al Qaida en moitos destes países nos que houbo primaveras?
Non está relacionado. Chamouselle primavera árabe, porque foron, sobre todo, en zonas árabes. O Daesh non ten nada que ver co islán. Unha cousa é a opresión do pobo contra as dictaduras e os outros son grupúsculos que queren xustificar un odio ao establecido a través do Islán. O Daesh aliméntase pola presencia dun inimigo exterior e agora se puxo de modo, aínda que sexa algo malo. Hai moita xente en paro, con tempo libre, que se aferra á relixión como unha saída crendo que van ser felices e é buscar un sitio no mundo. Pero a xente con pouco cerebro pois son fáciles de enganar e en España tamén está pasando. En Melilla hai xente marchando a Siria.

Ti afondas sobre todo no xornalismo social. Hai falla de xornalismo social nos medios españois?
Hai falla de xornalismo social en todos os medios, especialmente, nos españois, porque non se sabe facer, porque só facemos xornalismo político e económico para crear falsos conflitos entre esquerda e dereita. O xornalismo social busca sempre o quen, contar historias e tentar solucionar os problemas da xente.  E, como en España cobramos mal e tarde, por iso se está depauperando. O xornalista o que fai é coller a nota do goberno e vía. O xornalismo social real é o que pon as persoas que non teñen voz como protagonista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 JOE KESSIE

Benvido ao LAKELAND financeiras préstamos fondos axudan ORGANISATION.I quere informar ao público que estamos dando un préstamo moi baixa taxa de interese. A taxa é tan baixa como (2%), a taxa de xuro anual. É un empresario / muller? Ten algunha confusión financeira ou fondos para iniciar o seu propio negocio? Debe de préstamo para resolver débeda ou pagar as súas contas ou iniciar un bo negocio? Ten unha baixa notación de crédito e teñen dificultade para obter préstamos de capital de xiro doutras institucións e bancos financeiros locais? aquí é a súa oportunidade, como din oportunidade vén unha vez máis, póñase en contacto connosco vía correo electrónico empresa en Lakelandfinancial.co@gmail.com. Por favor, teña en conta que non tolera a actitude de dixitalización como os outros fan

4 JOE KESSIE

Benvido ao LAKELAND financeiras préstamos fondos axudan ORGANISATION.I quere informar ao público que estamos dando un préstamo moi baixa taxa de interese. A taxa é tan baixa como (2%), a taxa de xuro anual. É un empresario / muller? Ten algunha confusión financeira ou fondos para iniciar o seu propio negocio? Debe de préstamo para resolver débeda ou pagar as súas contas ou iniciar un bo negocio? Ten unha baixa notación de crédito e teñen dificultade para obter préstamos de capital de xiro doutras institucións e bancos financeiros locais? aquí é a súa oportunidade, como din oportunidade vén unha vez máis, póñase en contacto connosco vía correo electrónico empresa en Lakelandfinancial.co@gmail.com. Por favor, teña en conta que non tolera a actitude de dixitalización como os outros fan

3 Mr Peterson

Ola, Vostede está a buscar un préstamo de negocio, préstamo persoal, préstamo de casa, etc ..? Polo momento, estamos ofrecendo persoais e Asuntos préstamo a calquera interesado individual a 2% de taxa de xuro de 1 a 30 anos. nome: Data de nacemento : sexo: Estado civil: dirección: cidade: país: teléfono: Importe do préstamo: Préstamo Duración: rendemento neto mensual. Contacta connosco : creditsolutionhome1@gmail.com

2 Espartaco

O meu apoio a todos os refuxiados políticos...e económicos que son a meirande parte. Hai que decir que baixo tanta "humaniade" onegetista e globalistas agachase tamén os intereses das élites económicas globalistas, que tentan revivir outra vez a burbulla inmobiliaria e crediticia mediante a inmigración irregular e descontrolada (a inmigración irregular anterior foi esencial na burbulla do ladrillo e o crédito da que ainda non saimos e estamos a pagar). A par que a baixada de soldos e dereitos nos traballadores europeos de cara a competitividade nos vindeiros tratados de libre comercio que nos están a meter as mafias monopolistas financieiras.

1 Hipocritasnon

Paréceme que este é un máis dos que vive do victimismo "social" e de ameazar coas penas do inferno histórico a todo o que non concorda cos seus prexuízos. Unha pregunta para Jesús Blasco: cantos refuxiados acolles na túa casa?