O "príncipe dos xitanos" detido por extorsión

Sinaí Giménez e varios membros do clan dos "morones" foron detidos en Tomiño por extorsionar ao clan dos zamoranos.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 12/04/2016 | Actualizada ás 09:06

Comparte esta noticia

O presidente da Sociedade Xitana de Galicia e autodenominado "príncipe dos xitanos" galegos, Sinaí Giménez, foi detido esta madrugada, xunto a outro seis persoas, no marco dunha operación desenvolvida pola Garda Civil. A operación tivo lugar na parroquia de Amorín, no municipio pontevedrés de Tomiño, onde reside parte do clan familia dos "morones".

Sinaí Giménez nun acto de protesta en Vigo
Sinaí Giménez nun acto de protesta en Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

A súa detención ten que ver cos problemas xurdidos nos últimos meses nos mercados ambulantes de varias localidades do sur de Pontevedra, entre o clan dos "morones" e o dos "zamoranos". Estes últimos denunciaron que tiñan que pagarlle aos "morones" para poder traballar, ata que se negaron e comezaron, entón, unha serie de conflictos e pelexas que mesmo provocaron a suspensión temporal de varias feiras.

Precisamente, aos detidos impútaselles pertenza a un grupo criminal por suposta extorsión a vendedores ambulantes da familia dos zamoranos. A operación, que se iniciou esta madrugada, aínda continúa aberta e practicáronse diversos rexistros domiciliarios.

Hai case dous anos, un dos irmáns de Sinaí Jiménez xa fora detido nunha espectacular operación antidroga en Mos. Está pendente de xuízo por tráfico de estupefacientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta