Entre o posibilismo e a utopía

Se nos atemos a definición que di: a política é a busca da solución menos mala, ou a realización do posible, concluiremos que, a día de hoxe, despois de varios meses con tiras e afloxas, pasou o tren do acordo e soamente queda como repartir as culpas polo fracaso dunha alternativa ós populares.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 13/04/2016

Comparte esta noticia

Na  chamada esquerda sempre estivo vivo o debate de optar  entre a realidade  de afrontar o posible ou, pola contra,  anclarse na utopía esperando que chegue o momento social oportuno. Opción esta que soamente se dá en momentos históricos concretos. Polo que, de novo a  velas vir, que é tanto como  non facer ren.  O  que  implica  deixar de facto  gobernar ás  anchas á dereita máis tradicional e inmobilista.

Ise sempre foi o dilema que estivo  e está presente en moitas forzas políticas e tamén no nacionalismo galego. Querer abarcar moito e seguir coas mans valeiras. Dilema que, en certa medida, agocha concepto de inferioridade e medo a gobernar e  non poder aplicar programas concretos  ás xeneralidades nas que sempre se oferta e promete o imposible, e logo non se poden a afrontar por moitas e diversas causas.  Iste debate xunto con outras historias pasadas trouxo divisións e fracasos no mundo chamado do progresismo. E, consecuentemente, levou ós cidadáns a frustracións que remataron  sendo  absentismo electoral e permitindo que os  gobernos conservadores sexan os que sempre  gañen sempre  a partida.

O pacto proposto para o goberno do Estado entre o PSOE e Cidadáns non ía ser a panacea para solucionar os problemas moi graves  que temos. Non, pero tiña alomenos algunhas virtudes que ó meu xuízo poderían facer mudar o panorama político, dado que retocaba os elementos máis polémicos e prexudiciais  da reforma laboral e educativa; abría portas para tocar temas como os das deputacións; e, sobor de todo, abría a porta a trocar liderazgos que  limparían por necesidade  a dereita. Cuestión esta última que permitiría abrir vçoas de dialogo para a reforma constitucional na que, sen os populares non hai nada que facer. Pero, aconteceu algo semellante ó que pasou noutras ocasións. E a falla de visión política dos emerxentes como Podemos leváranos, de non mediar un miragre nos poucos días que quedan,   a un novo proceso electoral que, en Galicia, pode ter tres furnas: Congreso, Senado e Cámara galega. E, diante iste panorama, que facer cando soamente hai un candidato nomeado para a Xunta  que xoga con moita  vantaxe. Posiblemente despois do 26 X soamente quede laiarnos  do fracaso que pode acontecer sen non media algunha meiga boa.

Na política, como en todo o que acontece nas sociedades, saber distinguir entre a utopía ideolóxica  e o que se pode  facer na práctica con garantías de éxito, é moito máis importante que vivir sempre agochados nun populismo progresista que, aínda que sexa de esquerdas, so conduce ó fracaso. E, mentres tanto no Estado. sigue cortando o bacallau coa súa arrogancia  e en moitos casos menosprezo os que consideran que o poder lles corresponde obra e graza dun don soberano como se fose unha herdanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com