Temas: CUBA PARLAMENTO

O Parlamento galego celebra o fin do bloqueo a Cuba cunha resolución

A iniciativa, que conta coa unanimidade dos grupos da Cámara, convértese na primeira declaración dun parlamento europeo neste sentido.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Todos os grupos do Parlamento galego puxéronse de acordo para destacar o fin do bloqueo a Cuba. Por iso, este mércores, a Cámara galega lerá unha resolución parlamentaria, aprobada por unanimidade, onde sinala o seu rexeitamento ao embargo norteamericano a Cuba.

Alberto Núñez Feijóo nunha xuntanza con Raúl Castro
Alberto Núñez Feijóo nunha xuntanza con Raúl Castro | Fonte: Xunta

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación Cubano Galega Haydee Santamaría, convértese na primeira declaración dun parlamento europeo neste sentido. “O Parlamento de Galicia celebra a reanudación das relacións diplomáticas entre o Estados Unidos de América e a República de Cuba”, recolle a iniciativa.

A última resolución deste ano, a 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de por fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba” concluíu con 191 países a favor da resolución, e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.

“Esta é unha expresión contundente de que todos os gobernos e pobos do mundo lle solicitan que se levante o inhumano embargo a este país”, suliña a asociación Haydee Santamaría. Ademais, suliña que, os últimos acontecementos políticos, coa visita do presidente de EEUU de América a Cuba “deixan espazo para a esperanza” no camiño de conseguir “un mundo libre de guerras, no que a paz, a fraternidade, a solidariedade e a liberdade rexa a relación entre os pobos".

Durante a sección parlamentaria estarán presentes invitados do movemento de solidariedade con Cuba, dirixentes políticos e sociais e o Cónsul Xeral da República de Cuba en Galicia, José Antonio Solana Fernández

Xuntanza entre Raúl Castro e Barak Obama
Xuntanza entre Raúl Castro e Barak Obama | Fonte: voanoticias.com

Temas: CUBA PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta