Temas: XABARíN XUNTA

Un novo sinal chega ás estradas galegas; o de risco de xabarín

O Goberno galego instalará sinalización en estradas nas que hai perigo de ter accidentes por mor deste animal. Recoñece que hai “problemas de convivencia” co home e anuncia un plan de control do porco bravo.

Por Galicia Confidencial | | 18/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O porco bravo galego tamén terá a súa icona nas sinalizacións de tráfico. A Xunta anunciou que procederá a "sinalizar algunhas estradas" con advertencias sobre o risco de accidente ante a proliferación de xabaríns ou outros animais salvaxes.

Sinalización de presenxa de xabaríns
Sinalización de presenxa de xabaríns | Fonte: diariodelviajero.com

Segundo informou a directora xeral de Conservación da Natureza do Goberno autonómico, Ana María Díaz, a medida será preventiva mentres está pendente de elaborar un plan de control sobre o xabarín.

E é que segundo dixo en sede parlamentaria, os accidentes que se teñen contabilizado por mor deste animal teñen que ver coa busca de comida xa que acoden a explotacións agrícolas e a zonas habitadas para alimentarse porque non a atopan noutras áreas menos habitadas.  Unha situación que está provocando "problemas de convivencia" entre a sociedade e a fauna salvaxe.

Pero, polo momento, "non hai un plan de protección do xabarin, un animal do que se rexistra "un descenso de poboación" debido, en parte, ao incremento da caza. De feito, na tempada de caza 2007-2008 houbo un total de 7.400 porcos bravos mortos e o ano pasado houbo 14.000 exemplares, é dicir case o dobre.

Unha situación que non pasa co lobo, segundo a Xunta, porque os problemas entre este animal e home se “solucionaron” co establecemento dun plan de protección dese animal que conseguiu estabilizar en preto dun centenar o número de mandas censadas e establecer axudas a granxas afectas por ataques.

Nese sentido, indicou que a Xunta está pendente de pagar con atraso as indemnizacións previstas por centos de explotacións vítimas de ataques de lobos ao gando. Sinalou que en 2014 houbo reclamacións por preto de 162.000 euros e en 2015 por uns 179.000 euros, polo que a Xunta deberá ampliar o orzamento previsto inicialmente de 360.000 euros.

Con todo, apuntou que non está prevista este ano ningunha modificación dos baremos do pago de indemnizacións aos gandeiros, aínda que engadiu que "en 2017 esperamos ter eses prezos actualizados e a zonificación revisada".

Temas: XABARíN XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Hermerico

E o sinal de perigo de cá brons com escopeta?

1 nostrus

A eses que ti lle chamas ca-brons fan pola realidade de Galicia mais que ti, porque eu creo que o unico que ti fas é falar. Non sei si ti sabes que a Natureza é de extrema dereita e os únicos que axudan a regulala son os cazadores.

2 Hermerico

Os ca brons com escopeta, para além de disparar a todo animal que encontram ( às vezes afortunadamente matam-se entre eles), também ponhem lume ao monte para manter o mato baixo e matar mais fácilmente. A mal lugar ves ti con o conto do caçador amante da natureza e mesmo ecologista. A escum alha que anda a matar para passar o tempo som o pior, tanto da cidade, como da vila, como do rural. Nom só acabam com qualquer equilíbrio natural (para o qual, já agora, o ser humano é o elemento sempre sobrante), também maltratam esas "ferramentas", que guardam todo o ano num cubículo o mesmo que a ferramenta de matar. Os cans, que mantenhem confinados, que abandonam, claro que os abandonam quando nom os querem, ou os matam. Cumpre começar a caçar escopeteros.

3 nostrus

Eu son cazador e de mellor calaña que ti (sen dubida algunha) e por eso non vou dicir que sería mellor que un cazador matara a un independentista que a outro cazador. Aos que sodes de extrema dereita gustavos a lei da selva. Ca-brons sodes os independentistas, polo vosos odio aos que considerades extraños inda que teñan os mesmos dereitos ca vos, pola vosa insolidariedade. Ca-brons con ou sin escopeta.

1 Xabarín Club

Perigo facóqueros!