Temas: SAúDE SERGAS

“Na miña vida de médico vin algo tan vil”

O promotor da denuncia que forzará a declarar por homicidio a varios cargos da Xunta carga contra Sanidade. A oposición pide dimisións polo caso do Sovaldi, que se negou a varios doentes de hepatite C que acabaron morrendo. O PP faise o ofendido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/04/2016 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Fiscalía acusa a dous altos cargos da Consellería de Sanidade de homicidio imprudente por atrasar fármacos da hepatite C por "razóns orzamentarias". O director de Asistencia Sanitaria da Xunta, Félix Rubial Bernárdez (xerente da área sanitaria de Vigo) e á subdirectora xeral de Farmacia (Carolina González-Criado Mateo) declararan como investigados (o novo nome para a imputación) o 28 de abril.

Enfermos de hepatite nunha das súas protestas
Enfermos de hepatite nunha das súas protestas | Fonte: Facebook

O promotor da denuncia é Evaristo Varo, responsable de transplantes hepáticos do hospital CHUS de Santiago. Este médico declarou hoxe na Cadena Ser que na súa dilatada carreira nunca veu algo igual.  “Xamais vin algo así, ou me chegou aos meus oídos; hai que ser vil, neste caso  a palabra vil posiblemente sexa demasiada boa”, laiouse o tamén profesor de Medicina na USC lembrando o atraso na dispensación do Sovaldi.

Cómpre lembrar que os doentes de hepatite C botaron meses de mobilización na rúa alertando que Sanidade negáballes un medicamento que podería salvar a vida dos máis graves. Finamente a Xunta cedeu as súas presións, pero polo camiño morreron oito persoas a casa desta enfermidade.

Nese período foron numerosos os médicos galegos que solicitaron a Sanidade que pagara o tratamento para determinados casos moi graves. A consellería de Sanidade sempre se negou, salvo, segundo informa J. Precedo en El Diario, nun caso cando recibiu varias cartas directamente dunha médica de Lugo. A doutora saltouse o protocolo para salvar a vida do seu paciente. Rocío Mosquera, hoxe dimitida, reprendouna, pero finalmente ese doente recibiu o Sovaldi.

A gravidade da acusación está a suscitar un enorme vaga de críticas ao Executivo. O conselleiro de Sanidade tivo que saír antes os medios para defender a actuación deste departamento, que el non dirixía daquela.  

Evaristo Varo nunha imaxe do seu Twitter
Evaristo Varo nunha imaxe do seu Twitter

Jesús Vázquez Almuiña declarou hoxe que Sanidade aplicou “criterios clínicos” no reparto do Sovaldi e que “así o van a defender as persoas da Consellería que tiveron a responsabilidade directa”. 

Almuiña non criticou aos seus subordinados, senón que polo contrario mostrouse orgulloso da súa labor. O responsábel de Sanidade lembrou que nos casos graves de hepatite C “a mortalidade destes pacientes é sempre alta”.

No Parlamento a oposición cargou con virulencia contra a Xunta. A máis dura foi a deputada Eva Solla, de AGE,  quen opinou que “as políticas de sanidade fixeron morrer a persoas por non teren tratamento”. Solla considera que  “o señor Feijoo non é acto para gobernar un país”. Por iso pediu a dimisión dos dous investigados e tamén do presidente. O PSdeG e o Bloque tamén pediron explicacións. No caso dos nacionalistas pedirán a dimisión se Feijóo elude a Cámara ou non lle convence os seus argumentos. 

O PP respondeulles asegurando que a Xunta leva gastado 77 millóns no tratamento de hepatite. Na súa resposta, os conservadores tamén están a xogar a baza de facerse os ofendidos. En opinión do seu voceiro Pedro Puy facer un “uso demagóxico” dos problemas de saúde dos cidadáns é do peor que se pode levar a cabo na política.

Temas: SAúDE SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 DigoEu

“(NUNCA) Na miña vida de médico vin algo tan vil”. Así mellor.

7 galegoexiliado

O que mais me gusta das políticas do PePe é que os seus votantes tamén as sufren e disfrutan. Segundo eles oa cartos están mellor investidos en viaxes ó Caribe e en romerías e festas grastronómicas. Ahora comeza o tempo das romerías e festas pátrias e pa cando as eleccions os votantes estarán anestesiados de tanta festa e voltarán a votar ó querido líder Alberto dos Pesares. Disfruten o votado.

6 Dr Bacterio

Cando van denunciar aos médicos do Sergas, que traballan tamén no hospitais privados CONCERTADOS, atendendo a doentes do Concerto, o que é absolutamente ILEGAL?

5 José

Oito persoas mortas. Posiblemente se tería evitado a morte da maioría delas administrándolles o fármaco que máis tarde, vencida a teimosía cega de Rocío Mosquera e Núñez Feijoo, é administrado con normalidade. Oito vítimas mortais. Resistencia Galega ou o que os xuices entenderon que había detrás das persoas encausadas, só ocasionou desperfectos materiais. Ilegalicemos o Partido Podre despois de derrotalo nas urnas.

4 Gamela

Non sei quen é Evaristo Varo pero sen dúbida este home fará máis pola Sanidade Pública que tódolos falabaratos do Pazo do Hórreo! Eu non comprendo como os políticos non están permanentemente no xulgado DENUNCIANDO tódalas tropelías que cometen os que gobernan saltándose as leis coma queren e cando queren... Sanidade, Vivenda, Educación etc etc...