Temas: SAúDE SERGAS

“Na miña vida de médico vin algo tan vil”

O promotor da denuncia que forzará a declarar por homicidio a varios cargos da Xunta carga contra Sanidade. A oposición pide dimisións polo caso do Sovaldi, que se negou a varios doentes de hepatite C que acabaron morrendo. O PP faise o ofendido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/04/2016 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Fiscalía acusa a dous altos cargos da Consellería de Sanidade de homicidio imprudente por atrasar fármacos da hepatite C por "razóns orzamentarias". O director de Asistencia Sanitaria da Xunta, Félix Rubial Bernárdez (xerente da área sanitaria de Vigo) e á subdirectora xeral de Farmacia (Carolina González-Criado Mateo) declararan como investigados (o novo nome para a imputación) o 28 de abril.

Enfermos de hepatite nunha das súas protestas
Enfermos de hepatite nunha das súas protestas | Fonte: Facebook

O promotor da denuncia é Evaristo Varo, responsable de transplantes hepáticos do hospital CHUS de Santiago. Este médico declarou hoxe na Cadena Ser que na súa dilatada carreira nunca veu algo igual.  “Xamais vin algo así, ou me chegou aos meus oídos; hai que ser vil, neste caso  a palabra vil posiblemente sexa demasiada boa”, laiouse o tamén profesor de Medicina na USC lembrando o atraso na dispensación do Sovaldi.

Cómpre lembrar que os doentes de hepatite C botaron meses de mobilización na rúa alertando que Sanidade negáballes un medicamento que podería salvar a vida dos máis graves. Finamente a Xunta cedeu as súas presións, pero polo camiño morreron oito persoas a casa desta enfermidade.

Nese período foron numerosos os médicos galegos que solicitaron a Sanidade que pagara o tratamento para determinados casos moi graves. A consellería de Sanidade sempre se negou, salvo, segundo informa J. Precedo en El Diario, nun caso cando recibiu varias cartas directamente dunha médica de Lugo. A doutora saltouse o protocolo para salvar a vida do seu paciente. Rocío Mosquera, hoxe dimitida, reprendouna, pero finalmente ese doente recibiu o Sovaldi.

A gravidade da acusación está a suscitar un enorme vaga de críticas ao Executivo. O conselleiro de Sanidade tivo que saír antes os medios para defender a actuación deste departamento, que el non dirixía daquela.  

Evaristo Varo nunha imaxe do seu Twitter
Evaristo Varo nunha imaxe do seu Twitter

Jesús Vázquez Almuiña declarou hoxe que Sanidade aplicou “criterios clínicos” no reparto do Sovaldi e que “así o van a defender as persoas da Consellería que tiveron a responsabilidade directa”. 

Almuiña non criticou aos seus subordinados, senón que polo contrario mostrouse orgulloso da súa labor. O responsábel de Sanidade lembrou que nos casos graves de hepatite C “a mortalidade destes pacientes é sempre alta”.

No Parlamento a oposición cargou con virulencia contra a Xunta. A máis dura foi a deputada Eva Solla, de AGE,  quen opinou que “as políticas de sanidade fixeron morrer a persoas por non teren tratamento”. Solla considera que  “o señor Feijoo non é acto para gobernar un país”. Por iso pediu a dimisión dos dous investigados e tamén do presidente. O PSdeG e o Bloque tamén pediron explicacións. No caso dos nacionalistas pedirán a dimisión se Feijóo elude a Cámara ou non lle convence os seus argumentos. 

O PP respondeulles asegurando que a Xunta leva gastado 77 millóns no tratamento de hepatite. Na súa resposta, os conservadores tamén están a xogar a baza de facerse os ofendidos. En opinión do seu voceiro Pedro Puy facer un “uso demagóxico” dos problemas de saúde dos cidadáns é do peor que se pode levar a cabo na política.

Temas: SAúDE SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Barreo

Na Galiza morren cada ano máis de 40.000 galegos. A culpa é dos recortes de Feixoo. Quere acabar cos vellos porque votan PSOE.

2 Héctor Sánchez

Esta acusación, para ser xusta, debe incluir ao Presidente da Xunta e á destituída Conselleira de Sanidade -Rocio Mosquera- máximos responsabeis de decidir que dous altos cargos da Consellería cometeran o delito de homicídio por imprudencia. Acusando aos dous altos cargos, quérese tapar aos máximos responsabeis.

1 XanKaraLlás

Os galegos temos o goberno que merecemos. ¿Ou acaso é que non o puxo a xente cos seus votos? Se votan co cu, que non se queixen logo.

1 Antinostrus

O problema e que imos ter Dificil a Elección: votar co c u (PP) ou votar coa co na (BNG)....eu caseque escollo votar coa Pi ro la........A ver Nostrus,,,deixa de enzoufar-te na Maceira que aí che ven o teu amigo Albert Curman de Riveira!!!.

2 XanKaraLlás

¿Falas con Nostrus ou falas comigo? A elección non é difícil: o PP xamais dos xamases, o PSOE é tres cuartos do mesmo, o BNG son sectarios que están en caída libre e a súa actitude so beneficia o PPPSOE, sobre todo o PP, que parece ter Galiza como feudo propio grazas ao rebaño de cagavotos que está ás súas ordes (ultimamente parece que a cousa vai cambiando algo...). Así que a eleición é ben fácil. Mareas, por suposto.