Lugo acollerá un foro no que se debatirán novos procesos culturais

Os debates xirarán sobre autoxestión cultural, o Proxecto Cárcere, permacultura e contrapúblico.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/04/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A Casa do Saber de Lugo acollerá dende o luns 25 ao xoves 28 de abril as Conversas das Culturas, un foro cultural organizado polos alumnos do Máster en Servizos Culturais da USC.

Proxecto Cárcere
Proxecto Cárcere

As Conversas das Culturas do Máster en Servizos Culturais da USC son unha serie de Conversas abertas, a todo o público, e teñen como eixo debatir en torno á diversidade das culturas, así como reivindicar a aposta pola ecoloxía do saberes.

As Conversas das Culturas forman parte dunha das acción do CulturaLab do Máster, espazo entendido como un laboratorio para a experimentación e o prototipado de novas metodoloxías de intercambio de coñecementos. Este ano xirarán en torno a autoxestión cultural, o Proxecto Cárcere, permacultura e contrapúblico. 

Segundo apunta a organización deste foro, as xornadas, foron os propios alumnos do Máster, os que decidiron que conversadores serán os que guíen as sesión. Eles deseñaron a convocatoria aberta e  seleccionaron aos 4 ponentes entre as 20 propostas recibidas. “A participación do alumnado en todo o proceso, tanto na elaboración das bases da convocatoria, como na selección, e nas propias conversas é un formato innovador de aprendizaxe e situa ao Máster en Servizos Culturais de Lugo, como un dos máis innovadores a nivel español, ao ser capaz de involucrar ao alumnado na autorganización e na propia toma de decisións”, apunta Fran Quiroga, organizador das xornadas.

A través destes catro encontros que terán lugar á última  semana de abril a partir das 20:00h. preténdese reivindicar a conversa como unha forma máis de aprendizaxe, por iso anímase a todo o público interesado a participar nas mesmas.

As Conversas das Culturas son coordinadas por Xosé Antonio Neira Cruz no marco do campUSCulturae, proxecto europeo cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency e organizadas por Fran Quiroga Coordinador do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC. Máis información en: www.campusculturae.com ou www.culturalab.tumblr.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta