Podemos forza á Seleccion Galega a xogar contra Venezuela

‘El bolivarismo va a llegarrrr’, declarou Antón Gomez-Reino cando os medios lle preguntaron sobre o próximo partido da selección galega.

Por GcToday | Galiza | 22/04/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

nicolas maduro seleccion galegaSegundo fontes que prefiren permanecer no anonimato o partido que xogará o próximo 20 de maio a Selección Galega contra Venezuela puido ser forzado por Podemos.

A financiación que a formación de Pablo Iglesias obtivo de Hugo Chávez e Maduro podería ter a contrapartida da promoción da selección bolivariana. Podemos presionaría a través dos seus representantes galegos a Federación Galega de Fútbol para que o rival fose a selección venezonala.

Pola súa banda, Rafael Louzán nega estas presións e pon terra de por medio coa polémica. ‘Traemos á selección de Venezuela para meterlle unha malleira a eses comunistas e así deixar ben claro que aquí manda o neoliberalismo de Feijoo, como quedou claro con Abanca’, declarou.

A selección galega volverá a desputar un partido oficial tras tres anos de ausencia pola falla de apoio oficial. A chama da oficialidade da selección foi mantida durante todos estes anos grazas ao apoio dos Siareiros Galegos que seguiron organizando encontros con outras seleccións para manter vivo o espírito do equipo galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antifascista galego

O lixo expañoloide seguro que torce por Venezuela. Eles sempre contra Galiza e a favor das ditaduras da esquerdalla.

1 Sesese

Vira o Maduro non? Que menos, no palco con Bescansa e demás chavistas, ese si seria o espectáculo, así tamen iría eu