Manuel Pérez Bouza: “Os que andamos espallados podemos crear unha gran forza política nacionalista”

Quen foi ex senador do BNG e unha das voces de peso dentro de Compromiso por Galicia, Xosé Manuel Pérez Bouza, explica nesta entrevista os motivos que o levaron a el e a un cento de militantes a abandonar esta formación. Critica o rumbo político que tomou CxG e cre que, como o BNG, fará unha “travesía do deserto”. Está convencido de que a Marea pode derrotar a Feijóo e de que Beiras podería ser un bo candidato.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Manuel Pérez Bouza cre que se pode crear un gran polo nacionalista alleo ao BNG e a CxG e que se nutriría da xente de Anova, Cerna, Abrente e o propio Compromiso, ademais de xente das mareas. Unha aposta que podería materializarse despois das eleccións galegas. “Tentaremos crear un polo nacionalista e de país o máis forte posible porque agora o máis importante crear un polo contra Feijoo”, suliña.

Xosé Manuel Pérez Bouza, ex dirixente de CxG e ex senador do BNG
Xosé Manuel Pérez Bouza, ex dirixente de CxG e ex senador do BNG | Fonte: periodistasparlamentarios.org

Un dos dirixentes de CxG recoñece que o nacionalismo galego cometeu varios erros ao longo da historia que “impide que calle e sexa forza maioritaria”. “Cando temos que tomar decisións importantes e ver o que demanda a cidadanía, pois facemos o contrario. E así é difícil conectar con ela”, destaca.

E, precisamente, neste comportamento inscribe a actitude de CxG. Unha formación, di que, ao igual que o BNG, “quere ser unha forza de resistencia facendo a travesía do deserto en solitario. Puntualiza que, tanto o BNG como CxG, aportarían “un gran capital político que aínda que non é moito é o que hai e menos que outros, pero nada desbotable”, podería servir para derrotar ao PP.

Tamén se refire ao futuro líder da Marea e non descarta a Xosé Manuel Beiras. “Pois por min perfectamente. Reúne todas as condicións. Ilusiona, ten pasado político de defensa do país e está en condicións de liderar proposta sempre e cando os que participen nesa proposta o decidan”, indica.


Este martes un grupo de militantes e dirixentes de CxG anunciabades a saída da formación. Que vos moveu a facer isto?
É certo qie jai xente que está tramitando a súa baixa e que defendía a proposto de que CxG debía participar nunha candidatura de confluencia do estilo de En Maea, e se pode ser, mellorando o que non se fixo ben naquela configuración. Outros están nun período de reflexión e análise. A cuestión é que, despois deste domingo, o camiño de CxG non o compartimos e pouco aportamos ou podemos xa facer nesta formación.

Xosé Manuel Pérez Bouza
Xosé Manuel Pérez Bouza | Fonte: CxG

Pero, por que agora, entón... Semella que se repite a mesma historia que noutros cónclaves nacionalistas?
Isto non ven de agora. Xa na convención anterior defendemos este postulado de apostar por esa liña no campo da estratexia electoral. Daquela a afiliación dixo que o mellor era mellor non expresarse. Pero logo do que fixo a sociedade galega apoiando claramente esa coalición e vendo que hai un cambio real pois defendemos novamente esa posición. Pero a afiliación de CxG volveu dicir que non. Por iso hai un grupo que cremos inútil seguir traballando en CxG porque non vemos que traballe polo ben de Galicia para crear benestar para cidadanía e por un cambio real. CxG quere ser unha forza de resistencia facendo a travesía do deserto en solitario. Iso non o compartimos. Hai quen se deu debaixo e outros que o faremos en breve.

E non cres que se repite a historia de sempre no nacionalismo?
Efectivamente este país está como está e non por culpa do nacionalismo pero é certo que temos cometido varios erros ao longo da historia e por iso temos tantas dificultades para que o nacionalismo calle e sexa forza maioritaria. Cando temos que tomar decisións importantes e ver o que demanda a cidadanía, pois facemos o contrario. E así é difícil conectar con ela. Por iso, a nós nos parecía de libro participar nunha gran alternativa clara ao PP, pero a maioría dos afiliados non o ve así. Persiste en resistir. Iso é democrático e nada que dicir, pero estas decisións hai que respectalas. Pero senón se comparten, pois hai outras.

Cres que é posible unha confluencia de forzas nacionalistas e de esquerda para as galegas?
Eu creo que si e, ademais, é necesario. E quen non estea aí será moi castigado; tanto o BNG como CxG, que decidiron ir en solitario. Todas as forzas políticas propias gustaríame que tiveran éxito pero non vai ser así. A única forma de propiciar cambio de goberno é indo en amplas coalicións polo cambio. E por iso se estamos aí podemos configurar algo moi potente e con moi serias posibilidades de derrotar ao PP.

E cres que esas decisións fan difícil ese cambio?
CxG aportaría o capital político que aínda que non é moito é o que hai e menos que outros, pero nada desbotable para conseguir ese obxectivo que será difícil conseguir. Igual que sen o BNG. Pero os que podemos estar aí a título persoal e individual pois somos suficientes para crear unha alternativa ilusionante porque derrotar ao PP non é fácil, nin xerar ilusión. Por iso cantos máis sexamos, mellor. Por iso se fai unha proposta aberta e sen exclusións. Rexenerar a vida pública, defender os intereses de Galicia e o dereito a autoorganizarse e decidir o seu futuro.

Estes principios tamén os defenden BNG e CxG?
Pero por puro tacticismos e en clave interna e mirando cara dentro sen escoitar á cidadanía. E, ademais, deciden facer o camiño en solitario. Por iso creo que eses postulados son erróneos. Na convención todos insistiamos nese cambio, pero claro, logo non se ve do mesmo xeito como quitar ao PP do poder. E claro se todos estiveramos xuntos pois podiamos derrotar ao PP, divididos é moi difícil.

Pero ves á Marea con posibilidades de chegar á xunta?
Si. Sin lugar a dúbidas. Hoxe o PP non está en condicións de revalidar, pero é unha tarefa complicada e difícil e hai que dar pasos decisivos e concretos para configurar esa proposta, collendo todo o bo das mareas, e mellorando o que hai que mellorar; que sexa máis transversal, con máis actores e, se hai vontade, pois pódese facer cun éxito maior como as das xerais.

E, desta volta, como na outra, teñen que decidir Anova, EU e Podemos o contido e compoñentes desa lista?
As forzas políticas teñen un papel importante e destacado pero tamén estamos nun novo escenario político e a xente quere decidir tamén. E iso deberíase permitir nesa configuración nesa alternativa. Que a xente decida, con primarias abertas, unha persoa-un voto e que os cidadáns participen abertamente. Tamén poden participar os colectivos organizados, pero cun papel menor. Pero todo isto aínda está por falar e discutir.

Sen embargo, nos últimos días, houbo un debate sobre o candidato. Cal sería o perfil idóneo?
Nun país como Galicia debería haber persoas preparadas e con ganas para afrontar este reto. A min gustaríame que fora elixida polos cidadáns e non designado por organizacións  poolíticas porque iso xera máis ilusión. Pero a min váleme calquera que xere ilusión e chegue a esa cidadanía, teña ou non pasado político. Pero ten que reunir unha serie de características para encabezar un proxecto ilusionante que é o de derrotar ao PP.

E ese candidato pode ser Xosé Manuel Beiras?
Pois por min perfectamente. Reúne todas as condicións. Ilusiona, ten pasado política de defensa do país e está en condicións de liderar proposta sempre e cando os que participen nesa proposta o decidan. Pero ao igual que el, tamén hai outros que tamén o poden facer. Pero eu non lle poño teimas pola súa idade. Se el quere e a cidadanía pensa que é lóxico e o mellor, por min, encantado, porque ten demostrado que é quen de mover e ilusionar á cidadanía.

E como ves ao novo Compromiso?
Pois véxoo nun rumbo complicado. Moi heroico. E todo ese camiño ten que facelo con xente moi ilusionada, que está no campo municipal, pero moi difícil de afrontar este proceso en solitario. Pero para ser útiles ao país pois teriamos que ter tomado outro rumbo. Pero foi o que elixiron os afiliados. E agardo que acerten e se consoliden porque serían importante para o taboleiro político galego, aínda que é difícil.

E a que cres que se debe esa negativa a pactar coa Marea?
Eu penso que CxG mudou moito desde a súa fundación. A masa de afiliados mudou significativamente. Cada vez quedamos menos persoas do eixo da esquerda e que estamos dispostos a compartir proxectos con forzas non galegss sempre que defendan o dereito a decidir. Pero hai outro sector que é doutro eixo menos de esquerda e que non quere confluencias e veremos como resulta.

Ti tamén fuches senador do BNG. E como ves a esta formación?
Eu vexo que o discurso que empregaron os compañeiros de CxG é moi semellante ao BNG. Son dúas forzas políticas que teñen un discurso moi parecido, aínda que o de CxG sexa máis acaido que o de BNG. Pero será moi difícil diferenciarse porque vai competir con outro actor máis consolidado e con máis peso. Pero penso que a cidadanía vainos castigar por non participar dunha candidatura de confluencia. E isto xa está testado, nas galegas, nas europeas, nas municipais e nas xerais. A xente prima sempre candidaturas de confluencia. E todo o que sexa unión de forzas é un polo de atracción para as persoas que non queren votar PSOE e PP. E en base a fracasos electorais pois non hai ningunha forza que se consolide. E iso foi o que explicamos o sector que decidimos marchar.

E cres que esta situación fai imposible a unidade do nacionalismo hoxe?
Unha cousa é a confluencia electoral e outra a unidade do nacionalismo. Todos os que estamos en contra da corrupción e de máis dereitos sociais pois debemos sumarnos a unha gran alternativa. Pero isto non quita que os que somos nacionalismo aspiremos a máis nacionalismo. E despois das galegas todos os que andamos espallados podemos crear unha gran forza política nacionalista, tendo un polo nacionalista e de país o máis forte posible. Iso sairá pero non será ata as eleccións galegas. Agora o máis importante crear un polo contra Feijoo.

Xosé Manuel Pérez Bouza, ex dirixente de CxG
Xosé Manuel Pérez Bouza, ex dirixente de CxG | Fonte: ourensedixital.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

4 Catro e un tambor

Poden chamarlle Bloque Mareante de Liberación Nacional Galego, se non está ocupado claro.

3 Nilo

CxG ademáis de partido político fundado co obxetivo de peatonalizar Lalín, o cal é moi loábel, para o que tiña que ser útil era para ser o aliado nun posíbel bipartito co PPdG. Non para esta trangallada. E basicamente porque a alternativa a ese bipartito é PPdG+Ciudadanos

2 Yoshi

En resumo: a min unha poltrona, que me aburro co meu soldo de 2.000 €. Necesito máis cash. Logo poñémoslle a literatura

1 Eu mesmo

Si home sí, dí él "Que a xente decida, con primarias abertas, unha persoa-un voto", como en Ourense cando o resultado das primarias non gosta, pois facemos unha asemblea de 50 e poñemos ao noso candidato. Algúns non aprenden ou, como dixo na convención, apoiemos a Marea porque así algúns serán (seremos) deputados e moitos estaremos no goberno galego. Incrible, mais certo.

1 claro

En la convención había una señora de Coristanco que dijo que era mejor lo malo conocido (el PP) que lo bueno por conocer (las Mareas). En eso se ha quedado el partido.

2 Eu mesmo

A anédota por categoría?. Nivelaso!!!. Non dis que algún dos que marchan forzaron nos estatutos referencias a Piñeiro e son defensores do papel da ORGA no II República. Úlo galeguismo!!!