Un cento de persoas apoia ao Goberno bolivariano en Vigo

Un total de 70 organizacións do Estado asinan un manifesto no que denuncian a inxerencia do Goberno español na política venezolana.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/04/2016 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

Case un centenar de vigueses déronse cita na conmemoración do día da independencia de Venezuela, un acto convocado pola representación consular deste país en Galicia. No acto realizouse unha ofrenda floral ante o busto do Libertador Xeral Simón Bolívar.

Acto de apoio ao goberno bolivariano de Venezuela en Vigo
Acto de apoio ao goberno bolivariano de Venezuela en Vigo

O acto contou con representantes de distintos partidos políticos da cidade e contou coa presenza do cónsul deste país Sánchez Morles, quen agradeceu que o pobo galego se sume á xornada mundial de solidariedade coa Revolución Bolivariana. “Unha vez máis, están aquí dándonos mostras de apoio ao noso pobo, ao noso Goberno Bolivariano porque ese é o camiño, unirnos e defender os nosos dereitos, procesos, as causas xustas dos pobos que loitan pola súa liberación, por un mundo mellor, a solidariedade é fundamental para darnos forzas e seguir na batalla”, sinalou.

Pola súa banda, Alfonso Martínez, voceiro da Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez, leu o manifesto subscrito por máis de 70 organizacións do Estado na que se fixo un chamado a denunciar internacionalmente á lei de amnistía que pretende aprobar a oposición. “As accións violentas cometidas a día de hoxe pola oposición, destinadas a derrocar ao goberno, quedarían impunes”, suliñou.  “Chamamos á denuncia internacional desta Lei de Impunidade, e esiximos que cese a inxerencia do goberno español contra Venezuela e o seu connivencia coa dereita golpista”, engadiu. Tamén Lois Pérez Leira, impulsor do movemento bolivariano en Galicia, apostou por redoblar a solidariedade con este país e repudiando os intentos golpistas en Venezuela e Cuba.

Durante o acto escoitáronse berros como ¡Maduro ao yanqui dálle duro! e ¡se siente, siente Chávez, está presente!, que rematou co canto do himno nacional deVenezuela e a posta dunha ofrenda floral conmemorativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 UnpoucodesentidocomunporDeus

Pero, a ver, non entendo nada. Nin ditaduras de esquerda nin ditaduras de dereita! Iso por diante. Nin NODO (Sec. XX) nin Aló Presidente (Sec. XXI) Esta xente da pura vergoña. Ao igual que os dereitistas españois que defenden ao Franquismo e os comunistas e podemitas españois que defenden, por activa ou por pasiva, ás ditaduras "esquerdistas". Conseguiran ou non os dous melloras en educación, sanidade... etc. Repugnante. Camiñamos á polarización, deixamos atrás o sentido común.

2 nostrus

No me dice nada. Si la manifestacion fuera para apoyar al III Reich seguro que aparecian otras tantas personas, o mas.

1 Gamela

Mentres Vigo vai camiño do máis rancio despotismo, co silencio cómplice da Marea...? Venezuela peléase no Concello de Vigo !!! http://www.noticiasvigo.es/el-alcal...