As tres universidades galegas, entre as sete máis comprometidas co software libre

A Coruña, Santiago e Vigo colocan a Galicia nunha situación destacada no Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL).

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2016 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

As tres universidades galegas sitúanse entre as máis comprometidas co uso de software libre entre todas as do Estado. En concreto, A Coruña, Santiago e Vigo colócanse no quinto, sexto e sétimo posto, respectivamente, entre as 76 universidades españolas avaliadas polo seu compromiso na difusión do software libre (SL). Así se desprende do Ránking de Universidades en Software Libre (RuSL) na súa edición de 2016.

Richard Stallman, gurú mundial do software libre, na súa visita a Vigo
Richard Stallman, gurú mundial do software libre, na súa visita a Vigo | Fonte: Duvi.

A comparativa realízase en base ao indicador IDSL Índice de Difusión del Software Libre), que facilita la comparación entre universidades.

O RuSL é un ranking especializado que clasifica as universidades en función de 65 indicadores que miden o traballo que realiza cada unha delas no ámbito do coñecemento libre dende todos os seus estamentos. O traballo lévao a cabo unha comisión de expertos do sector coa colaboración das propias universidades.

En total avaliáronse once dimensións: Produción, Colaboración externa, Investigación, Axuda, Docencia, Cultura en software libre, Tecnolóxicos, Divulgación, Webmetría, Institución e Administración. Cada una delas ten á súa vez unha serie de indicadores de valor específico. 

A metodoloxía de RuSL segue os principios expostos polo IREG (International Ranking Experts Group), un grupo de expertos designados pola UNESCO que desenvolveu os principios de Berlín para valorar institucións de educación superior e que serven para unificar as metodoloxías que se seguen na elaboración das clasificacións e así poder comparalos.

 

Posición IDSL Universidade

100,00%

Universidad Miguel Hernández de Elche

93,40%

Universidad de Granada

81,19%

Universidad de La Laguna

61,69%

Universidad de Sevilla

60,83%

Universidade da Coruña

53,95%

Universidade de Santiago de Compostela

51,12%

Universidade de Vigo

48,19%

Universidad de Las Palmas de Gran Canaria

44,19%

Universidad de Zaragoza
10º

33,08%

Universidad Politécnica de Madrid
11º

30,72%

Universitat Oberta de Catalunya


A Universidade da Coruña destaca no apartado de Axuda, no que ocupa o primeiro posto dende o ano 2014. Na clasificación global, esta institución subiu un posto respecto ao ano 2015, pasando do sexto ao quinto.

A de Santiago tamén sobresae no apartado de Axuda, ocupando o segundo posto, logo de que no ano 2013 fose a primeira. No ranking global, a compostelá subiu dous postos respecto ao ano pasado e volve acadar o seu mellor índice histórico, co mesmo sexto posto que conseguiu en 2013.

Tamén destaca no apartado de Axuda a Universidade de Vigo, no cuarto lugar. A institución viguesa acada ademais a súa mellor clasificación xeral na súa historia, co sétimo posto, subindo dende o décimo lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta