Aprende a xestionar a auga dunha cidade mediante un xogo en liña

Pontevedra estrea a exposición “H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade” que, entre outras actividades propón un un xogo en liña que permite a cualquera persoa convertirse en xestor da auga nunha cidade imaxinaria.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 21/04/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Reflexionar sobre os grandes desafíos tecnolóxicos, económicos e medioambientais que conleva un xesto aparentemente tan simple como abrir unha billa na casa e que saia auga potable é un dos obectivos dunha exposición.

EDAR de Praceres, depuradora de auga no fondo da Ría de Pontevedra
EDAR de Praceres, depuradora de auga no fondo da Ría de Pontevedra | Fonte: iagua.es

Miguel Anxo Fernández, alcalde de Pontevedra, Manuel Jesús Márquez, director de Área de Negocio de CaixaBank en Pontevedra Norte, e Julio Masid, director de Concesións de Viaqua en Galicia, presentaron hoxe a nova mostra “¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade en Pontevedra".

A exposición inclúe diferentes materiais para que a cidadanía sexa consciente do gasto que supón a auga nunha cidade e como facer un uso responsábel da mesma. Cómpre lembrar que o progresivo crecemento da poboación mundial, sobre todo nas cidades, supón unha demanda de auga cada vez maior. Polo tanto, o reto consiste en cubrir as necesidades de provisión da poboación de forma sostible e, ao mesmo tempo, completar o ciclo devolvendo a auga ao medio natural nas mellores condicións posibles. 

De xeito paralelo á exposición, se plantexa un xogo en liña H2Oh, que permite a calquera persoa convertirse en xestor da auga nunha cidade imaxinaria. Con este xogo, de estrutura xeral similar ao famoso SimCity, os usuarios deberán construír a infraestructura requerida para asegurar un subministro adecuado da auga a medida que a cidade vaia crecendo.

Ademais, deberán facer fronte a distintos retos técnicos e medioambientais, así como satisfacer as peticións que a poboación lles solicite, ao tempo que o xogo progresa. Os obxectivos finais consisten en lograr que a cidade prospere e en obter a máxima satisfacción dos seus habitantes, mediante unha xestión eficiente e sostible da auga. 

Inauguración da exposición sobre o uso da auga en Pontevedra
Inauguración da exposición sobre o uso da auga en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta