GC Aberto
Temas: ENCE

Carta dos traballadores de Ence: O Concello míntelle con descaro á poboación

Cada vez que un concelleiro ou concelleira minte nun Pleno de Pontevedra cando se refire ao estado da Ría, a calidade da nosa democracia empeora, a calidade das augas da Ría ten máis posibilidades de continuar empeorando, e centos de traballadores e traballadoras da comarca sentimos que os nosos empregos están a ser usados como moeda de cambio.

Por Ene | Pontevedra | 21/04/2016

Comparte esta noticia

Eses que minten son os mesmos que durante anos desoíron as denuncias públicas do sector do marisqueo sobre o problema das coliformes. Os que non fixeron nada para corrixilo. E o problema é por todos coñecido: unha parte grande das casas que hai arredor da Ría verquen as súas augas fecais a cano libre. A outra parte dos fogares da Ría está integrada nun sistema que só está preparado para funcionar ben ás veces.

O alcalde de Pontevedra, os seus palmeiros habituais para este tipo de asuntos, ou alcaldes da comarca que tamén teñen responsabilidades no grave problema das augas da Ría, seguen sinalando a Ence cando se fala de contaminación por coliformes. Así evitan asumir as súas responsabilidades.  E evitan admitir que lle ocultaron a verdade á cidadanía durante anos.

A día de hoxe, a situación é tan grave que logo dunha fin da semana na que un investigador do CSIC afirmou en dúas entrevistas diferentes que o problema das coliformes estaba únicamente na EDAR, a concelleira de Medio Ambiente afirmaba no Pleno do Concello que o problema é Ence. Acontecía, por certo, moi poucos días despois de que mariscadoras e bateeiros fosen manifestarse diante do Concello para esixirlle que asuma as súas responsabilidades no asunto E poucas semanas despois de que o Tribunal de Xustiza de Unión Europea se manifestase no mesmo sentido. Se a concelleira de Medio Ambiente no ten máis preparación técnica, habería que buscar a outra: o problema da Ría é demasiado grave como para deixalo en man de meritorias. Se a concelleira minte sabendo que minte, só podemos dicirlle algo: a súa mentira é corrupción, a súa mentira leva anos ralentizando o proceso de saneamento da Ría; a súa mentira pode xerar desemprego tanto na industria coma no seitor acuícola.

Ata o de agora sabíamos que querían unha cidade libre de obreiros. Agora comezamos a intuír que tamén queren unha Ría libre de verdades e unha cidadanía enganada. Calaron durante anos o problema das coliformes. Deixaron de investir en saneamento agravando así o problema das coliformes. E tanto lles ten o que digan a Xustiza, os Centros de Investigacións ou as mariscadoras. A súa teima é Ence.

Non lles imos consentir máis mentiras. Queremos unha Ría limpa. Somos traballadores e traballadoras. Queremos que desapareza a Zona C e que se incrementen os postos de traballo na Ría. Esiximos a verdade sobre a Ría e esiximos respecto cara nós e as nosas familias e cara os nosos empregos. Non todo vale por un puñado de votos.

Comité de Empresa del C. O. de ENCE Pontevedra

Temas: ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Peregrina

Tendes unha credibilidade similar á de Mario Conde.

1 anonimo

Mentides vós, ou acaso Pontevedra non ten menos paro que outras cidades como Ferrol ou Vigo como mostran as estatísticas? A vosa calidade xa se ve por quen vos apoia. Os pepeiros, os do GAL e mais os mareados. Noxo dades!

1 enterense AGE=CO.CO

O AGE, O -VIEIRAS, OS PODREIROS, E AS MERDEYAS.... son moi traidores, venderian a quen fora e se prostituiran ante quen fose con tal de favorecer o grupo ENCE, non son cheiros perfumados, xa o vimos co escandalo de galicia non se vende liderado polo vello -Vieiras o que fixeron e o que fan agora e eu os digo non fan nada! todo xa esta descuberto - RAMON COTARELO SOBRE WALDO DAS JONS - http://www.libertaddigital.com/espa...