O talento do audiovisual galego

A Academia Galega do Audiovisual entregou n´A Coruña os Premios Mestre Mateo. Unha gala marcada polo absoluto dominio d’“O descoñecido”(12 agasallos de 16 dominacións). Tamén pola axeitada visibilización dos técnicos que fan posíbel os nosos produtos audivisuais (rexedores, eletricistas, carpinteiros de rodaxe), que por primeira vez entregaron parte dos agasallos. E pola preocupación por acadar meirandes cotas de igualdade de xénero. Nin unha soa directora entre os catro nominados. Como para pensar e actuar.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 24/04/2016

Comparte esta noticia

Salientábel foi a ausencia do Goberno de Galicia e do partido que o mantén. Nin o Presidente, nin o Vicepresidente non un só Conselleiro. Tampouco foi o voceiro parlamentario do PP. Contrastaba esta ausencia coa presenza de todos os demáis partidos, nomeadamente dos da nova política. Se o PP quería amosar en público a súa despreocupación e desafección a respecto do futuro dun sector da importancia económica e cultural do audiovisual galego conseguiuno. Mensaxe recebida, Monte Pío.

A actual desafección da Administración galega contrasta co consenso político existente dende 1999 ao 2009, co desenvolvemento dunha Lei Audiovisual aprobada por  unanimidade no noso Parlamento. Xa que logo, acadouse un nível  moi bó en canto a cantidade e calidade de técnicos, actores ou directores. Por desgraza, a industria audiovisual galega non é quén de reter este grande talento e moitas tiveron que emigrar. As series españolas están inzadas de actores e actoras de reparto galegos. Outros moitos en desemprego ou subempregados. As condicións de traballo en canto salarios, descansos, xornada, etc. son sinxelamente inaceptábeis.

Foi precisamente a unidade do sector o eixo do discurso do Presidente da Academia, Carlos Ares, que tamén incidiu na necesidade de que o público galego lle esixa máis ao seu audiovisual. A presentadora da TVG, Marga Pazos, por outra banda, insistiu en considerar indisolúbel o audiovisual galego da nosa lingua. O rol da TVG é indisociábel do uso do galego nos nosos produtos audiovisuais. Despois, podemos falar de nos abrir ás dobraxes, de captar rodaxes foráneas a medio dunha boa Film Commision e doutras medidas potentes para relanzar o sector.

Urxe, en calquera caso,  unha fonda remuda da política de desafección que Feijóo implantou hai sete anos cara o noso audiovisual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.