Quen participa e que defende Mareas en Común?

O proceso de “Marea Viva” avanza na reunión de Sada co apoio de 30 mareas e a participaciń de varios alcaldes e deputados. Cos principios básicos xa aprobados, o 7 de maio comezarán a busar a “confluencia das forzas do cambio” para gañar as autonómicas.

Por Galicia Confidencial | Sada | 24/04/2016 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

As mareas municipalistas seguen avanzando para seren as protagonistas dunha probábel confluencia de parte da esquerda galega nas eleccións autonómicas. Este colectivo, denominado Mareas en Común, organizou o sábado en Sada o que xa é a súa cuarta reunión de ámbito galego.

Deputados de Podemos e EU na reunión de Mareas en Común en Sada
Deputados de Podemos e EU na reunión de Mareas en Común en Sada | Fonte: @mareasencomun

A conclusión é que lanzarán formalmente o seu proceso de “construción dunha confluencia das forzas do cambio que poida gañar as vindeiras eleccións autonómicas” a partir do 7 de maio. Bautizaron a esta iniciativa como “Marea Viva”.

A “Marea Viva” bota a andar con oito principios ideolóxicos comúns básicos: garantía efectiva dos dereitos humanos, radicalidade democrática, transparencia e loita contra a corrupción, feminización da política e loita contra calquera tipo de discriminación,  defensa dun modelo económico xusto que garanta os dereitos sociais, defensa da lingua e a cultura galega e o noso patrimonio, protección do medio e benestar animal, defensa do común e máis autogoberno e mellor vertebración territorial  . 

Que mareas participan nesta iniciativa e que partidos políticos mostráronse abertos a colaborar nesta confluencia?  O grupo nunca publicou unha lista de mareas participantes nas reunións. Da de Sada informou que houbo unha participación dunhas “200 persoas e 30 mareas”, cifras similares as publicadas nas pasadas xuntanzas.

Entre os asistentes, dous alcaldes. O anfitrión de Sada, José Benito e o anfitrión da anterior xuntaza, na Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro.  Tamén acudiu para “amosar o seu apoio” Xulio Ferreiro, da veciña Marea Atlántica d’A Coruña, unha das máis implicadas.

Reunión de Mareas en Común en Sada
Reunión de Mareas en Común en Sada

O proceso de adhesión a esta iniciativa está máis avanzado nalgúns concellos ca noutros. Entre os máis avanzados, por exemplo, o de Santiago, Compostela Aberta xa votou en Asemblea apoialo, coa especificade de reclamar tamén a constitución dun partido instrumental, algo que suscita dudas en Podemos. En Pontevedra, a marea local tamén acordou sumarse á carta de oitos principios desta iniciativa. 

Entre as mareas que participaron nalgunha das xuntanzas destes meses están -entre outras- as de Ourense, Mos, Sober, Cambados, Mugardos, Cabanas, Marín, Lugo, Chantada, Noia, Vilalba, Betanzos, Ames, A Estrada e Cangas do Morrazo

A nivel de política institucional, cómpre sinalar que a Sada tamén acudiron varios deputados de En Marea. Entre eles Yolanda Díaz (líder de Esquerda Unida) e os militantes de Podemos, Antón Gómez Reino e Ángela Rodríguez. 

O papel de Podemos é precisamente un dos puntos máis delicados dunha repetición dunha confluencia, pois Gómez Reino e Rodríguez eran parte de “Agora Podemos”. Esta candidatura acaba de perder as eleccións internas do partido morado no país e a nova dirección é máis escéptica sobre revalidar o pacto de En Marea nos mesmos termos que para as xerais.

Foto de familia da reunión de Mareas en Común en Sada
Foto de familia da reunión de Mareas en Común en Sada | Fonte: @mareasencomun
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 Marco

E que non é o mesmo En Marea que mareas en común. E, en podemos os pactos decídenos as bases non persoas individuais. As primarias elixen a SX e a estratexia política. Se por exemplo os deputados de podemos queren non respetalos acordos de podemos son libres de facelo, pero fora de podemos.

8 SIEMPRE PODEMOS UNIRNOS!!!

¡¡Carmen, en esta foto faltas tu!!! Carmen debería dejarse ya de fotitos con corazones en facebook y celebraciones y estar trabajando ya para echar a feijo. Carmen, yo te voté, pero ahora quiero, como militante, votar YA porque creo que nos debemos unir con todo el mundo de la izquierda y prefiero las mareas municpales que los ocultos pactos de en marea. ¿¿¿¿O es que vas a repetir lo que tanto has denunciado???? queremos primarias!!!!!

1 Pep Paramos

Totalmente de acordo. O municipalismo é o punto de partida. Pero para iso hai que adquirir concencia crítica respecto da idea da "toma do poder". O municipalismo implica que os cidadans poidan intervir nas decisións políticas e administrativas, e tende ó federalismo. E isto é unha idea moi afastada de prepara unhas eleccións a Santiago ou a Madrid e comenzar a gobernar nun área administrativa ampla. A idea da "toma do poder" sen participación aberta dos cidadáns (concellos) nunca deu resultados liberadores, senón todo o contrario.

7 P´a Sada

Primeuro asulagouse coma Venecia e logo viñeron as Mareas "vivas"...pois si que lles caeu boa aos probes Sadense!

6 lealdadepaís

Eu boto en falta a reivindicación nacional de Galicia, aínda que sexa puramente simbólica, e todo o que iso significa para un país que esmorece como o noso. Porque se non, para ser simplemente a franquicia para sumar votos para unha marca estatal para optar a un governo español (importante e necesario dada a situación de emerxencia en todos os aspectos) pero que ao cabo non ter nin grupo parlamentario nin proxecto propio, para iso, me convirto en "podemita" e punto. E non é esa a vontade de miles de galegas/os. Onde está o espírito do famoso ruturismo, novo proxecto reconstituínte, vías de confederacións, etc, etc? Avisadas/os quedades, quedamos.

1 carlos Coruña

Afirmo

5 Ana

As mareas deberian facer unha campaña electoral destinada a captar o voto da xente maior, esa xente que sigue a votar a dereita. Hai que facerlles ver que un futuro mellor para os xovenes (sin emigrar e con traballo e salarios dignos) e garante de mellores pensions para os maiores. O outro obxetivo deberia ser buscar a confluencia co BNG si non para as xerais, si para as galegas. E por suposto contar con un proxecto de pais que de solucions aos problemas de Galicia: paro, emigracion, problemas demograficos, situacion dos nosos sectores economicos e da lingua galega, ¿banca publica galega?, etc.