Edgewater comprometeu até 12 millóns para a USC, os concellos e a comarca

A mina de ouro en Corcoesto non saíu adiante, pero isto non foi debido a oposición dos alcaldes directamente afectados nin a do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela / Ourense | 25/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Na demanda presentada por Edgewater contra a Xunta inclúese un documento titulado “Pan estratéxico para o impulso económico e social da comarca de Bergantiños” que promete beneficios tanto para os municipios como para o citado IDEGA. 

George Salamis, CEO de Edgewater e responsábel de Mineiroa de Corcoesto SL
George Salamis, CEO de Edgewater e responsábel de Mineiroa de Corcoesto SL

No referido aos concellos, a empresa canadiense promete aportar a Cabanas de Bergantiños e Coristanco un “importe conxunto superior aos cinco millóns de euros”. Este pode ser un dos factores que explica porque os alcaldes de Cabanas e Coristanco, ambos do PP, apoiasen sen fisuras a mina até o final. 

Cómpre lembrar que a nivel popular a había división entre partidarios e detractore en Corcoesto. Nesta parroquia, a máis directamente afectada, a chegada dos canadenses tivo beneficios inmediatos coa contratación de varios veciños para os sondeos e o financiamento de romerías locais.

Agora ben, a importante asistencia ás manifestacións contra a mina indica que no conxunto da comarca,  máis aló de Corcoesto, tamén había unha importante oposición a un proxecto; pois é evidente que unha macromina a ceo aberto podería ameazar a viabilidade de sectores relevantes na zona, como a gandería, o turismo rural ou a agricultura. 

Eses cinco millóns comprometidos en particular a Cabanas e Coristanco eran a maiores dos previstos para alimentar o citado Plan Estratéxico. A filial española Mineira de Corcoesto SL comprometeuse a “aportación anual á execución e desenvolvemento do citado plan, durante os anos que dure o proxecto de Corcoesto, de entre 250.000 e 500.000 euros”. 

Feijóo anunciando a aprobación da mina de Corcoesto antes de final de ano e prometendo a creación de 1.400 postos de traballo
Feijóo anunciando a aprobación da mina de Corcoesto antes de final de ano e prometendo a creación de 1.400 postos de traballo | Fonte: Vídeo da Xunta subido por Edgewater ao Youtube

Os canadenses prevían botar 13 anos explotando e rexenerando a zona. Polo tanto, o importe do Plan oscilaría entre os 2,5 millóns e os 6,5 millóns.  Agora ben, a empresa  tamén deixaba a porta aberta a investir menos no caso de lograr para o Plan “subvencións obtidas ou o acceso a fondos europeos”.

Edgewater deixou claro que ía encargar a redacción do Plan Estratéxico ao IDEGA da USC. Na documentación entregada no xulgado, a mineira asegura que xa pediu orzamento para elaboralo e que “tense avanzado un acordo” coa universidade . O prezo dos costes de elaboración solicitados pola USC, segundo este documento, serían de 500.000 euros.

O IDEGA foi un dos apoios clave de Edgewater para superar os primeiros trámites cara a aprobación inicial da mina. Este instituto universitario coelaborou o “Estudio sobre o impacto socio-económico da mina de Corcoesto”, un detallado documento de máis de 150 páxinas no que se defenden as bondades da explotación. Entre outras cousas, este estudio prevía “hasta un máximo de 1.628 puestos de trabajo, 480 directos, 474 indirectos y  664 inducidos por las rentas y el consumo correspondientes a los empleos generados directa e indirectamente”.

Foi este argumento, o dos postos de Traballo, o enarborado pola Xunta mentres apoiou a mina. 

O goberno finalmente desbotouna, o que levou a Edgewaer  a presentar unha demanda fronte ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, demanda -a que tivo acceso GC- na que incluíu os documentos citados nesta información. 

Panorámica de Corcoesto
Panorámica de Corcoesto | Fonte: Miguel Nuñez
Veciños de Corcoesto falan sobre a mina
Veciños de Corcoesto falan sobre a mina | Fonte: Miguel Nuñez
Portada do proxecto de Plan Estratéxico elaborado por Edgewater para financiar aos municipios e a comarca de Bergantiños
Portada do proxecto de Plan Estratéxico elaborado por Edgewater para financiar aos municipios e a comarca de Bergantiños
Festa en Corcoesto, patrocinada por Edgwater segundo a compañía mineira informra na súa web no seu día
Festa en Corcoesto, patrocinada por Edgwater segundo a compañía mineira informra na súa web no seu día
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Abraiado

A comunistallada e os hippies preguiceiros arruinando o futuro das familias de ben, quentándolles a cabeza cos seus traumas e as súas frustracións...Pois nada, a seguir así, coa leira sen sachar e vivindo dos vellos ou de calquera subsidio de Madrid. Sempre queda o consolo de ir a Portugal, que aínda están máis na miseria...

1 Undelira

A Costa da Morte é unha comarca a preservar de calquera elemento contaminante. Nin industrias, nin estradas, nin turismo nin agricultura e pesca (agás a ecolóxica) deben permitirse. A paisaxe ha de respectarse por riba de todo, mesmo das economías das familias. Este paraíso ha de ser para disfrute de tódolos galegos.

1 Galiza ceibe

Non concordo. Pódese facer atividade económica, pode haber vias de comunicación, sen deteriorar o entorno, pero inda non as conhecemos porque estamos afeitos a que o cipaio local A, apresente un plano que lhe manda de Madrid o bwana B, para roubar os nosos recursos deixarnos a m3rda. Para estas tropelías precísase do "untamento" dos cipaios locais que chegan a repartir entre outros cipaios locais para facer un pouco de masa, e logo entran os crimináis que len a coz e andan a mirar telecinco porque pensan que coa espanholización dura van deixar de seren uns paletos, mais fican paletos, e cipaios, e inda por riba criminais.

2 Sesese

Hai que ser un poco coherentes co que se di e o que se fai. Non digo moito pero si algo. Non se pode pretender que o bo sexa so para nos e o menos bo nos de igual. Quen non está dacordo con manter así a fermosisima costa ? O carallo e que hai que comer todos os días. Bo dilema

3 cheo de estar cheo....

costa da morte parque tematico ou reserva indixena XA,