Queixa oficial pola interrupción do Himno

O Concello da Coruña envía unha carta á Federación Española de Baloncesto para protestar polo corte da emisión do himno galego no derbi Leyma-Breogán e esixe que “en futuros eventos deportivos se permita a interpretación de Os Pinos”. Polémica pola autoría da decisión.

Por gcdeportes | A Coruña / Lugo | 26/04/2016 | Actualizada ás 01:27

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña enviou este luns unha queixa oficial á Federación Española de Baloncesto (FEB) pola decisión de interromper a emisión por megafonía do himno de Galicia este domingo antes do derbi que enfrontou a Básquet Coruña e Breogán no Pazo dos Deportes de Riazor, partido de cuartos de final da fase de ascenso á Liga ACB. José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, remitiu unha carta ao presidente do ente federativo onde solicita que “en futuros eventos deportivos similares, e como aconteceu até agora, se permita a interpretación de Os Pinos”.

Os xogadores do Breogán, no momento de entoar o Himno Galego.
Os xogadores do Breogán, no momento de entoar o Himno Galego. | Fonte: CBBreogán

“Queremos amosar ante o organismo que xestiona o baloncesto a nivel estatal o noso disgusto e malestar polo feito de que, nun encontro de ascenso que disputan dous equipos de Galicia, non se permita escoitar de forma completa o Himno”, destacou Sande, quen desvinculou “totalmente” ao Concello da Coruña da decisión.

“A decisión de non deixar rematar o himno parécenos incomprensible tendo en conta que se trata dun derbi galego e sendo ademais celebrado o partido nun pavillón municipal”, dixo Sande, quen lembrou como, recentemente, tanto en Riazor como Balaídos, se puido escoitar Os Pinos nos derbis entre Dépor e Celta. “Son momentos especialmente simbólicos que, tristemente, non se puideron repetir no partido de baloncesto deste domingo”, comentou o edil tras enviar a carta ao presidente da FEB para amosar o descontento da Administración municipal co sucedido.

Na misiva, o concelleiro insiste en que “a diferencia do ocorrido no anterior partido, deuse orde de interromper o himno galego cando levaba escasamente un minuto soando. Desta forma amosouse unha absoluta falta de respecto a un sinal de identidade tan importante do pobo galego e das súas institucións públicas, cuxa relevancia acusábase moito máis neste caso, ao tratarse dun partido de rivalidade galega”, di a carta.

Polémica pola autoría da decisión

Durante o partido nas redes sociais e ao seu remate na páxina web do club, o Básquet Coruña lamentou a interrupción “ordenada polo comisario da FEB” e amosou o seu “desacordo” coa decisión, compartindo o malestar dos afeccionados. Pero en declaracións a El Progreso, o comisario da FEB, o veterano Vicente Sanchís, negou ter dado a orde de interromper a emisión do Himno e relatou a súa sorpresa cando viu que se cortaba. En troques, na Radio Galega, o presidente do Leyma Básquet Coruña, Juan Carlos Fernández Herrero, matizou a versión do club: “Un comisario decide que (el himno) es demasiado largo, nuestro speaker se pone nervioso, corta el himno antes de que termine, el viernes no lo hizo, el domingo parece ser que se le interpela otra vez para que el himno dure menos de lo que tiene que durar, y bueno... se cortó el himno antes de tiempo”.

Xogadores e corpo técnico do Leyma Coruña, respectuosos co himno galego.
Xogadores e corpo técnico do Leyma Coruña, respectuosos co himno galego. | Fonte: @CBBreogán

O CB Breogán emitiu un comunicado a última hora coa súa postura para os vindeiros encontros: “O derbi de cuartos de final do play-off entre Cafés Candelas Breogán e Leyma Básquet Coruña continuará o vindeiro venres ás 21:00 horas e o domingo ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo. Dende o CB Breogán lamentamos o incidente producido co corte do himno galego que soaba –como fixera no primeiro encontro- no segundo partido, debido, segundo informou a organización, a unha decisión do comisario arbitral”.

A carta do Concello da Coruña á FEB remata cunha petición clara: “Consideramos que o compromiso público, especialmente municipal, con este deporte e este club en particular, e por estensión coa FEB como ente federativo, é moi relevante. En consecuencia, e como reciprocidade de dita entidade federativa con este Concello, se lle require que en futuros eventos deportivos similares ao acontecido se permita, protocolariamente, a interpretación do himno galego tal e como sucedeu noutros casos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 PÁRTOME

E aos da Voz, permítome suxerirlles q se deixen de tanta cociña e noticia machacona coa q canta moito q non lles caen ben os pimpíns e exploten este tipo de cognas ridículas q calquera tira por polo chan con elas. É como se na miña parroquia sae a procesión do Corpus e o cura presenta unha protesta por escrito ao alcalde pq algún rapaz de bisera non quedou en pelo ao pasar canda el o Santísimo. En q mundos vivides, rapaces?

6 Ben feito!

Parabéns ao Concello. Debo dicir que non esperaba unha resposta institucional tan boa ante a aldraxe intencionada da Federación Española. Proba desa boa resposta son os comentarios dos antigalegos exaltados, como arrabean. Os vindeiros encontros deportivos xa verás como deixan soar o himno nacional. Nin un paso atrás na defensa do noso. Por certo, vos non vedes en auxe a utilización espontánea do himno galego en actos non institucionais? Eu cada vez o escoito máis, bo sinal que o pobo teña claro en que símbolos si se sente representado!

5 galegoexiliado

Todas estas federacions franquistas sonche mais partidarias do himno expañol "Yo soy español, español y EVASOR, Yo soy evasor, evasor y ESPAÑOL.

4 Carqueixa free

Decenas de miles de parados, corrupción a mares, mal funcionamento da educación, sanidade, xustiza, imposición fascista do galego. A cidade chea de m. Chanchullos e cazos municipais a patadas, e estes inútiles dedícanse a protestar pola interrupción do himno galego

1 fartodelespañol

vazquez no imponia el castellano que cachondo

3 SON OS MESMOS

"A Galicia Franquista", Se poden chamar como queiran, poden decir que a constitucion son as tabras da ley, poden decir que loitaron contra a dictadura. que Franco era malo, que eles tamen loitaron contra a dicctadura. pero son os mesmos. Agora en vez de ir a misa van de pu. e codeanse con narcotraficantes.