En Marea ultima inscribirse como partido instrumental

Fernández recoñece que hai diferencias sobre como artellar a confluencia para a repetición das xerais. A ferramenta constituída polas mareas municipalistas -Maras en Común- aínda comeza agora a recoller apoios formais de cara a un hipotético censo para unhas primarias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela / Madrid | 26/04/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O proceso para a formulación dunha confluencia da esquerda galega avanza pouco a pouco, malia a evidencia de que -salvo sorpresa de ultimísima hora- haberá unhas novas eleccións xerais dentro de dous meses, en xuño. 

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Alexandra Fernández, deputada de En Marea, asegura que “a cuestión do partido instrumental estase a estudar, estase a debater, e eu creo que debemos seguir a camiñar nese sentido que ademais é unha fórmula que xa se empregou nas mareas municipalistas, que permitiron integrar as diferentes sensibilidades políticas e culturas nun mesmo espazo”. A militante de ANOVA indicou que de feito, xa se están dando pasos para formalizar un partido instrumental no Rexistro de Partidos do Ministerio do Interior. GC comprobou que, polo de agora, esa inscrición aínda non está completada.

Fernández fixo estas declaracións á prensa tras reunirse con Felipe de Borbón. O xefe do Estado incluíu a En Marea como interlocutor a parte do grupo parlamentar no que está integrado, que é Podemos-En Marea-En Comú Podem. Precisamente, a inscrición como partido permitiría a coalición galega -se repite o mesmos bos resultados do 20D- salvar os impedimentos formais que enarboraron os rivais políticos para impedir a creación dun grupo parlamentar galego.

A referencia de Fernández as mareas municipalistas reflicte a problemática de como coordinarse as confluencias locais. Coalicións municipais que teñen en marcha o seu propio proceso, bautizado “Marea Viva”, dentro do grupo “Mareas en Común”. Unha das cuestións a solventar é que “Mareas en Común” naceu pensado para as eleccións autonómicas de outono, non para as xerais de dentro de dous meses.

Nas reunións do proceso que deron lugar á  “Marea Viva” participaron unhas 30 candidaturas locais. Así e todo, os principios básicos -o primeiro documento consensuado-  só foi ratificado polo de agora por unhas 200 persoas e dezaoito mareas, segundo publicou esta semana este grupo na súa web.

A lista de mareas asinantes polo de agora é a seguinte: Asemblea pola Unidade de Cangas, Betanzos Novo, GañaMos, Iniciativa Cidadá de Mugardos, Marea Atlántica, Marea Cidadá de Noia, Marea Marín, Marea Pontevedra, Movemento Veciñal da Estrada, Nós Pobra, Ourense en Común, Por Chantada-CUP, Sadamaioría, Somos Cabanas, Somos Cambados, Veciñanza (Cuntis) e Xuntos Por As Pontes. 

Nesa relación faltan moitas que están a colaborar neste instrumento -por exemplo Compostela Aberta-; indicación de que o proceso muncipalista corre risco, de non apurar os prazos, de non estar plenamente en marcha a tempo de completar os formalismos para a repetición das eleccións xerais. 

“Temos que dar respostas para mellorar a participación de En Marea e camiñar cara a construción dun suxeito político galego, ademais temos eleccións autonómicas e temos que dar pasos para conformar ese suxeito político”, argumenta Fernández. A deputada recoñece que “é evidente que hai diferentes opinións” sobre como artellar a coalición e admitiu que tal debate debe facerse máis aló do diálogo entre partidos. Cómpre lembra que a nova dirección de Podemos Galicia ten reticencias a repetir a coalición do mesmo xeito que se formalizou para o 20D, cando as bases só poideron votar unhas listas previamente pactadas polas cúpulas dos partidos. 

En conclusión, o proceso de confluencia da esquerda galega volve a atoparse sen formalizar a poucos meses das eleccións cuns prazos moi apurados, como lle sucedeu o 20D, cando a coalición tivo que presentarse sen nin sequera un programa electoral público definitivo.  Malia isto Fernández mostrouse hoxe nos Desayunos de RTVE a prol de que haxa eleccións galegas xa porque “a lexislatura de Feijóo está completamente esgotada e canto antes se vaia mellor lle irá a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

7 MAREADOS

Son o que son instrumento de expaña, e manexo do politiloco chamado "Vieiras" lamentable espectaculo de Waldo das JONS, e demais patrañas sabemos o que fixo o AGE nestes catro anos, sabemos o que fixo o GRUPO PRALAMENTAR nestes catro meses... enganaron o pobo galego e o venderon o expañol, e para colmo instauraron a ferrolita para que non a chamen a declarar coma posible testigo o imputada no caso da infamente pederagia

1 eueu

Os últimos estertores putrefactos de inmundicia saen pola boca dos mortos: ala! a mellor vida. PERDEDORES PITOÑOS!

6 E mandou calar

Pois a testigo de jehová dixo que o partido que pon os votos se presentaría pola sua conta. Así que nanai

5 Antifraude

Non deixa de seren un fraude que o Mesa do Congreso vai impedir. Outra vez nos queren enganar co do grupo propio. O Regulamento da Cámara di que non pode haber partidos con deputados en máis dun grupo. No próximo Congreso habería deputados de Podemos e de IU en mais dun grupo. Beiras crese o mais listo, pero a trampa xa non colou nas anteriores.

1 eueu

Enganados estivemos todos durante decenios coa Upjajaja fagocitando, enmerdando e manipulando todo o que tocaba. E agora toca desaparecer porque a cidadania o di: adeusiñooooooo!

2 Antonimus

...pero neste caso serían deputados do partido instrumental, non de cada unha das partes, na papeleta das eleccións do 20D aparecía baixo o "nome comercial" "En Marea" a coalición de partidos que a formaban e ao lado de cada un dos candidatos a organización á que pertencen, neste caso sería un único partido instrumental...o que non teño claro é que algunha das partes das mareas o acepten, vaise ver con isto se os podemitas e Yolanda facían brindes ao sol cando afirmaban o do grupo parlamentar...xa veremos se realmente querían o grupo galego ou son uns subordinados,...o cal poñería á "A Nova" nunha situación complicada

4 Consume productos galegos

En resumidas contas...electoralismo puro e duro. Estes cada vez se asemellan mais ao BNG, de feito son o mesmo BNG de toda a vida, pero en versión española.

1 Consume productos galegos

Non deixa de ser o subconscente de paílan que a meirande parte dos galegos temos dentro. O pailanismo subconscente de crer que o de fora, ten mais prestixio. O da cibdade millor que o do agro. O de fora millor que o noso. O castelan, a cultura allea, mais prestixiosa, o auto odio inculcado aos pobos que levan tanto tempo sendo servos que teñen medo a posibilidade de ser ceibes algún día. Podemos, Mareas, IU o mesmo producto BNG de discurso da socialdemocracia perdida, pero feito en Madrid. Cunha campaña propagandantística ao grande e a nivel de estado, e coa axuda do subconscente pailán herdado. de que o de afora é mais prestixioso.

2 nostrus

Consume o que che dea a gaña. Dices"o subconscente de paílan que a meirande parte dos galegos temos dentro", pois fala por ti e non pluralices, porque eu atopome na parte dos galegos que non temos subconsciente de pailan, non teño autoodio e teño a suficiente intelixencia para considerar ao idioma español inmensamente mellor co galego. As culturas que se enroscan en si mesmas sin mesturarse con outras son proclibes a desaparecer e na aportacion mutua esta o progreso.

3 PP-odemos

tanta urxencia para sacar o marijuano e o miserable PODREIROS o final acabo instaurando o marijuanato estan perdendo muitos escanos 27 din ... 4 xa marcharon de compromis pois as mentiras de waldo non foron creidas, aqui nembargantes temos o "miserabel do vello" ese traga contodo, chegaria a chupar un tubo de escape de camión... miserabel as eleccións xa estan perdidas o PP XA ESTA NO GOBERNO!!! o unico que querian era sentar nas cadeiras do parlamentiño cobrar muitos cartos e rirse a esgalla do pobo traballador... pero a xente xa empeza a darse conta XA EMPEZA A CADIA DA MERDEYA!!!!

4 TodoVostrus

"Idioma español inmensamente mellor co galego"= Autoodio e pailanismo ilustrado. "Culturas que se enroscan en si mesmas"= Será que tódalas nacións defenden a súa cultura, ou que fan as nacións de todo o mundo? Se a ti gústache máis o castelán disfrutao, pero non vaias a Francia a esixilo, nin a Galicia.

5 nostrus

TodoVostrus.O que é pailanismo é non recoñecer que o español é inmensamente mellor co galego. Defender a cultura non esixe obrigar a xente a practicala porque a cultura practicase de xeito voluntario. En Galicia pódese esixir o español, faltaria mais, o español é oficial en Galicia ¿acaso non estamos en España?. Pailans son os que non saben difereciar a utilidade do galego e o español

3 A espera

Agora imos ver se estes grupos españolistas vendefumes teñen un mínimo de eriedade. Podemos sempre afirmou que se as Mareas se constituían coma un grupo político, Podemos ia as eleccións en solitario. Se Podemos agora que as Mareas son un grupo político mais, se non vai as eleccións galegas e xeraís só, ou só con IU, é que son uns FARSANTES, FARSANTES de verdade, e na sua totalidade. Ou cando menos teñen un mínimo de credibilidade.