Equo e Espazo buscan fusionarse nunha Cooperativa Política

As dúas forzas consideran que a coalición AGE, da que son socios, está superada. De cara a futuras eleccións, apostan porque as mareas municipalistas sexan o único instrumento para construír unha nova confluencia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/04/2016 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A Mesa Nacional de EQUO Galicia e o Consello Dinamizador de ESPAZO anuncian que iniciaron conversas para “avanzar na construción dun referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista”.  Noutras palabras, estas pequenas dúas formacións avanzan cara unha posíbel fusión. 

Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela

Os dous grupos enmarcan o diálogo como “parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do século XXI desde o soberanismo cívico, a sustentabilidade ambiental, a xustiza social global, a cultura da paz, os dereitos civís e a radicalidade democrática”.

O obxectivo final é organizar unha “asemblea de confluencia” o próximo sábado 21 de maio para xuntar a “esquerda verde galega" nunha "Cooperativa Política Galega”.

EQUO Galicia e ESPAZO foron dous dos partidos que conformaron Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) para as eleccións autonómicas do 2012, primeira ‘experiencia’ de confluencia na esqeurda galega. Con todo, estes dous grupos non tiveron deputados, debido ao seu menor tamaño respecto aos socios de máis peso, ANOVA e EU. Equo Galicia si ten concelleiros, por exemplo no goberno da cidade da Coruña.

AGE está “superada polos seus limites no formato” ante a irrupción das mareas, consideran estas dúas formacións.  As dúas levan meses traballando no foro de  candidaturas municipalistas, bautizadas como Mareas en Común.

Acto político de Espazo
Acto político de Espazo

De cara a confluencias máis amplas, Equo e Espazo amosan o seu apoio á iniciativa Marea Viva, proposta polas mareas municipalistas, como “único espazo de construción de unidade popular sustentada no principio de democracia radical de unha persoa, un voto en pé de igualdade, sen controles de cúpulas ou intereses de parte e ao que se pode incorporar colectivos políticos e sociais”. É dicir, non están pola labor de repetir AGE nos mesmos termos que hai catro anos, senón por construír dende abaixo unha nova ferramenta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Atilano

O Bouza de Compermiso vai de deputado por Ourense, e o Xan Hermida por onde? O resto caralladas

6 Abraiado

Bah, bah, bah, xa falou outro hippie máis...Choromicadas baratas, hai que promover cousas como as centrais nucleares, oh, que dan moitos postos de traballo e abastecen de enerxía ao país con xeito. Deixádevos de hortas desas de okupas, que iso son trapalladas, non renden un carallo. O das armas, depende, nunca están demais, que hai moito criminoso e moito terrorista comunistallo, ademais, páganse ben. Ah, e o do ecofeminismo, a ver, que o expliquen os hippies eses, que non se entende nada...Se cadra van pedir que as mulleres volten fregar a mao no canto de empregar lavadora, non é? Hippy...

5 Abraiado

Ecofeminismo, ecopacifismo...? Caralladas, ide traballar, hippies...

1 Anxo L. Pastoriza

Mellor consumir os nosos recursos, as mulleres na cociña, e guerras perpetuas para vender armas, verdade? troll...

4 Anxo L. Pastoriza

Todo o que sexa fortalecer a opción política ecolóxica na nosa terra é unha boa noticia!! :)

3 Georgie

Yo tengo un chiringuito A orilla de la playa Lo tengo muy bonito Y espero que tu vayas. El Chiringuito, el chiringuito El Chiringuito, el chiringuito Las chicas en verano No guisan ni cocinan Se ponen como locas Si prueban mi sardina. El Chiringuito, el chiringuito El Chiringuito, el chiringuito Chi, chi chi chi, chi chi chi, chi chi chi Chi, chi chi chi, chi chi chi, chi chi chi.