“Buen pecho”, novo anuncio sexista en Milanuncios.com

A Xunta e o Concello de Sanxenxo anuncian “contundencia” contra este tipo de anuncios que degradan á muller. Tres mozas denunciaron unha oferta que resultou ser enganosa. Milanuncios destaca que son os "máis interesados" en non ter reclamos que infrinxan "algún tipo de norma ou lei".

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 27/04/2016 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Camareira  “guapa, simpática y buen pecho”. Deste xeito buscaba un suposto empresario unha nova empregada para un bar de copas de Sanxenxo. Un anuncio --xa retirado-- que apareceu publicado na plataforma Milanuncios.com e que desatou a polémica.

Anuncios de contactos e de prostitución nos grandes medios
Anuncios de contactos e de prostitución nos grandes medios

Xunta e Concello de Sanxenxo pediron xa explicacións a esta plataforma. E é que non é a primeira vez que un anuncio sexista aparece publicado nesta web. Fai uns meses pedíase unha camareira “guapa y un poco puta” para un bar de Ordes, o que provocou tamén numerosas críticas.

Sandra Fernández Agraso, concelleira de Igualdade do Concello de Sanxenxo, sinalou este mércores que o seu departamento actuará "con contundencia" ante calquera anuncio ou reclamo que "degrade" á muller ou busque "intercambiar" un posible posto de traballo por favores sexuais. Tamén a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, instou nunha carta enviada a Milanuncios a controlar "de forma efectiva" os seus contidos.

“Necesitamos contratar camareras de barra fines semana noches para locales de copas para la temporada Primavera/Verano Sansenxo 2016. Buscamos un perfil de camarera guapa, simpática, trabajadora, don de gentes, buen pecho y mínima experiencia...”. Este era parte do anuncio que provocou a polémica logo de que tres mozas, que atenderon a chamada deste anuncio denunciaron os feitos ante a Garda Civil.

Ao parecer, e logo de poñerse en contacto coa persoa responsable deste anuncio, éste teríalles pedido ás mozas unha entrevista vía skipe en roupa interior e mesmo lles tería comentado a posibilidade de gañar 3.500 euros se, ademais do traballo, se deitaban con el. Motivo polo que estas mulleres decidiron denunciar o caso.

Anuncio sexista aparecido no portal Milanuncios.com
Anuncio sexista aparecido no portal Milanuncios.com

Críticas

"Creo que a intención do anunciante era utilizar a marca e o nome de Sanxenxo para obter un maior número de respostas", indicou en rolda de prensa Fernández Agraso, e adiantou que en tan só doce horas o polémico anuncio recibiu máis de 13.300 visitas.

"O anuncio foi cambiando nos dous días que permaneceu activo, e mentres ao principio buscaba captar a mozas para un suposto traballo de camareira, logo xa foi introducindo outro tipo de conceptos sexistas, machistas, mezquinos e denigrantes", denunciou a concelleira.

Pola súa banda, na súa misiva a Xunta suliña que a recepción de queixas sobre anuncios de contido sexista no devandito portal é "un feito reiterado" e sinala que en febreiro pasado xa instou a "incrementar o control" e a "precaución" sobre os contidos.

Segundo a Secretaría de Igualdade da Xunta, Milanuncios xa respondeu "favorablemente" á súa carta e os seus responsables pediron ao Goberno galego que calquera denuncia sobre o seu portal sexa remitida para a súa "revisión inmediata".

Nun correo electrónico, os representantes de Milanuncios sinalan que son os "máis interesados" en non ter anuncios que infrinxan "algún tipo de norma ou lei".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 lilins

Si este "empresario" quere contratar a un tipo de empregada ¿pa qué facerlle perder o tempo a quenes non vai contratar? Ninguén se alporiza cando hai "oposiciones libres" e miles de galegos perden o tempo sabendo que as plazas so son pa fillos e familiares do partido gobernante. A vida non é mais que pura hipocresía camisetas de futbol baratas

5 galegoexiliado

Si este "empresario" quere contratar a un tipo de empregada ¿pa qué facerlle perder o tempo a quenes non vai contratar? Ninguén se alporiza cando hai "oposiciones libres" e miles de galegos perden o tempo sabendo que as plazas so son pa fillos e familiares do partido gobernante. A vida non é mais que pura hipocresía

4 Kilpondio

Hai moita hipocresía nas críticas a estes anuncios. A fin de contas din o que todo o mundo coñece perfectamente.

3 Tonecho Llosada

Eu teño bos tetos.

2 Gj27

Me parece alucinante que en milanuncios o como se llame ahora su página de contactos, se prostituyan tíos espantosos y encima digan que son guapos e incluso bombones. Co ño compraros un espejito en los chinos y no hagáis tanto caso a lo que dice mamá. Ninguna madre ve feo a su hijo. Ah, y ultimo día significa que mañana os vais, y no tres meses más tarde y seguis con el mismo anuncio. Saludos y feliz 2016.