Piden que os veciños do Couto Mixto teñan nacionalidade española e portuguesa

A Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará á Xunta que declare esta comarca como Territorio Histórico amparándose na nova Lei de Patrimonio Cultural.

Por Galicia Confidencial | Couto Mixto | 28/04/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Amigos do Couto Mixto pediralle aos gobernos español e portugués a dobre nacionalidade para os veciños de Santiago, Rubiás e Meaus, en Galicia, e os pobos portugueses de Cambedo, Soutelinho e Lama de Arcas.

Couto Mixto
Couto Mixto | Fonte: vortegmax.net

Esta medida xa se aprobou en xaneiro de 1915 para os veciños do concello extremeño de Olivenza, despois de que a asociación “Além Guadiana”, procurase tal privilexio polo recoñecemento histórico dunha entidade territorial que ata 1801 foi portuguesa.

Tendo en conta que as vicisitudes históricas son semellantes á dos “pobos promíscuos”, Cambedo, Sotelinho e Lamadarcos, que ata a Lei de Límites de 1868 foran galegas, e o Couto Mixto un territorio independente baixo a tutela das Casas de Bragança e Monterrei, a Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará dos gobernos portugués e español idéntico tratamento.

Tamén lle pedirán á Xunta de Galicia a declaración de Territorio Histórico para esta comarca de 30 quilómetros cadrados.  Así, lembra que  Lei do Patrimonio Cultural de Galicia aprobada polo Parlamento de Galicia define o territorio como “aquela paraxe natural vinculada a acontecementos ou recordos do pasado” e, polo tanto, pedirá a declaración e inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia o que no seu día foi esta entidade territorial.

Asemade, a Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará que os Concellos de Baltar e Calvos de Randín, que teñen xurisdicións nas parroquias que o integran, aproben senllas mocións que lles serán enviadas para sumárense á declaración de territorio histórico.

Nunha sesión celebrada o pasado día 9, a entidade tamén acordou celebrar o día 2 de xullo o tradicional acto de nomeamento dos Xuíces Honorarios na igrexa de Santiago de Rubiás á Eurocidade Tui-Valença, 2nafronteira --dúo musical composto por Carme Penim e Maurizio Polsinelli e a Asociación Galego-Portuguesa de profesores pola paz.

Finalmente, renderá unha homenaxe aos homes e mulleres das Irmandades da Fala porque "no seu ideario contemplaron a realidade histórica, xeográfica e cultura dos pobos arraianos, para que chegaron a pedir que os seus cidadáns puidesen transitar a fronteira sen necesidade de pasaportes".

O día 2 de xullo celebrarase unha concentración de grupos de música tradical arraianos que farán pública a “Declaración de apoio á música tradicional arraiana”, que será lembrada coa plantación dun ciprese no adro da igrexa de Santiago de Rubiás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

2 Mesturao

O Couto Mixto, como Galiza hoxe de Hespaña e Mozambique antes de Portugal, é unha colonia dobremente asoballada polo imperialismo hespañol e portuguéz. ¡Viva o Couto Mixto ceive e socialista! ¡Independenza xa!

1 8ZAe

O couto mixto e unha mentira, non aparece en ningún mapa histórico como unha especie de Andorra, o único que sucedeu foi un conflicto fronterizo, por estar mal os lindes, de ai a montar unnha película hai un mundo.