Temas: CARBALLO

'Pedro Reyes for president', unha homenaxe ao humorista no Festival Carballo Interplay

A Webserie "El Partido", de Álex Rodrigo, foi unha das triunfadoras na terceira edición deste festival.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 09/05/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A III edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay (CIP) quixo recoñecer, a título póstumo, o traballo do humorista Pedro Reyes, que, ademais protagonizaba unha das webseries que competiron na Sección Oficial, 'Pedro Reyes for president'-

Sonia Méndez, directora do Festival Carballo Interplay
Sonia Méndez, directora do Festival Carballo Interplay | Fonte: QPC

"Este é un premio que nunca se deu no Festival, pero que tanto o xurado como a organización decidiu unanimemente dar nesta ocasión a unha persoa que xa non está connosco pero que admiramos profundamente", explicou a directora do festival Sonia Méndez en referencia a Reyes.

Pero, ademais do premio simbólico ao humorista, a cinta triunfadora da noite foi "El Partido", de Álex Rodrigo, que se alzou cos premios á Mellor webserie en imaxe real e á Mellor dirección coa súa historia de corruptelas políticas. Pola súa banda, 'Poetarras' volveron a conseguir o premio á Mellor webserie en versión orixinal en galego, categoría que xa gañara na primeira edición do CIP.

Pola súa banda, 'Arthur' foi recoñecida como a Mellor webserie internacional, coa súa historia dun asasino en serie que quere deixar o oficio. Nesta categoría recibiu unha mención especial 'Aventuras de corazón roto'. Así mesmo, 'Orfanato Atroz' fíxose co premio á Mellor webserie de animación grazas á súa narración dun universo aleatorio, categoría no que 'Niño ratón' obtivo unha mención especial.

Ademais, David Sainz foi o gañador do Premio AGAG ao mellor guión por 'El colega canario', unha historia sobre un mozo virxe que lle valeu o premio de Mellor Actor a Óscar Lara. Pola súa banda, Esperanza Gardado foi recoñecida como Mellor Actriz polo seu papel en 'Briget Jon de Triana'. 

Temas: CARBALLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santiso

Pois nunca me gustou Pedro Reyes. Nin cando na "bola de cristal" que xa choveu dende entón. Qué é tamén un premio aos que fixemos a EXB? Non entendo nada. Entendo que estades necesitados de saír nos mass media e personaxes mediáticos, aínda que moi escorados, vos dean algo de pulo. Pero sigoo sin entender.