A Muralla para La Vuelta

O Concello de Lugo agarda recibir 12 euros por cada un investido na quinta etapa da Vuelta a España, que o vindeiro 24 de agosto, tras 170 quilómetros dende Viveiro, rematará na Ronda da Muralla lucense.

Por gcdeportes | Lugo | 28/04/2016 | Actualizada ás 09:09

Comparte esta noticia

La Vuelta Ciclista a España non pasa por Lugo dende 2006, pero voltará o vindeiro 24 de agosto, dez anos despois, grazas ao investimento de 80.000 euros por parte do Concello. O director xeral de La Vuelta, Javier Guillén, visitou este mércores Lugo. Acompañado pola alcaldesa Lara Méndez e polo presidente da Deputación, Darío Campos, deu conta dos detalles da quinta tirada.

Darío Campo, Lara Méndez e Javier Guillén, na presentación da 5ª etapa de La Vuelta'2016.
Darío Campo, Lara Méndez e Javier Guillén, na presentación da 5ª etapa de La Vuelta'2016.

Con saída en Viveiro, serán 170 quilómetros típicos de Galicia, rompepernas para os ciclistas. Pasará por Cervo, Foz, Ribadeo, alto do Picato e alto do Miño, e os últimos 26 quilómetros serán polo concello de Lugo, con final na Ronda da Muralla. Os únicos dous portos da xornada non semella que vaian decidir a etapa e a cidade de Lugo, que disfrutará de dúas pasadas, verá o desenlace, previsíbelmente ao sprint co pelotón compacto. O percorrido pola cidade está diseñado para que os lucenses poidan “contemplar la Vuelta dende un escenario VIP, o adarve da Muralla”, apuntou a alcaldesa.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agarda que a chegada da quinta etapa teña unha grande repercusión económica para o municipio, cun retorno de doce euros por cada un investido. Deste xeito, malia o custo da presenza da Vuelta, esta pode deixar preto dun millón de euros de beneficios. Javier Guillén lembra que para cubrir La Vuelta están acreditados 1.400 xornalistas de 190 países, cifras que garanten a repercusión mediática da proba. Tamén haberá La Vuelta Junior, na que 20 rapaces de 9 e 10 anos percorrerán o último quilómetro da etapa e poderán compartir podio co vencedor, así como unha feira temática sobre a proba para facer máis lúdica a xornada ciclista.

Será a quinta ocasión na que Lugo acolla un final de etapa. En 1965, a 2ª etapa, Pontevedra-Lugo, foi gañada por Rik van Looy; en 1982, na 3ª etapa con saída na Coruña en chegada en Lugo, gañou Eddy Planckaert, que repetiu vitoria na 4ª etapa de 1985, na que la Vuelta chegou a Lugo dende Compostela con Miguel Induráin vestido de amarelo. Na última presenza, en 2006, 8ª etapa entre Ponferrada e Lugo con triunfo de Alexandre Vinokourov.

[Percorrido da 5ª etapa]

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Hermerico

La vuelta cada ano se sae mais de Espanha e vem à Galiza. Deve ser que no seu país os espanholistas nom som tam generosos à hora de encher o peto desse negócio

1 legtu

ja ja Hermerico, tu vida debe ser muy triste sufriendo por la nacion gallega. Sufre lo mejor que puedas que nadie te puede ayudar, aunque puedes sufrir en grupo con otros frustrados para que podais compartir la pena

2 Hermerico

Se os trolls espanholistas andades tam activos nos sites galegos será por algo. Ainda nom dades o etnocídio por completado

3 hartodeespanya

los españoles sois unos hijos de pu zqjpta visca catalunya lliure