Temas: POLICíA

Os policías galegos tamén se forman contra o terrorismo yihadista

Un funcionario do Corpo Nacional de Policía (CNP) destinado na Comisaría Xeral de Información é o encargado da formación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Un total de 80 policías galegos recibirán estes días en Santiago de Compostela formación relacionadas coa evolución, os procesos de radicalización e a situación actual do Terrorismo Yihadista no Continente Africano, en Oriente e, por suposto, en Europa.

Dous policías falan cun grupo de nenos
Dous policías falan cun grupo de nenos

Este curso, realizado polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) , está impartido por un funcionario do Corpo Nacional de Policía (CNP) destinado na Comisaría Xeral de Información, que é o servizo que se encarga da loita contra o terrorismo nacional e internacional.

Nas xornadas participan policías pertencentes ao CNP, á Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia e á Policía Local de Santiago de Compostela.

O obxectivo do SUP é “seguir formando" aos afiliados, e desta maneira, paliar a "escasa ou nula formación", que a Administración dispensa aos funcionarios do Corpo Nacional de Policía. Unha falta de formación, que segundo denuncian, na maioría dos casos vén acompañada de "unha falta de medios humanos e materiais", para loitar con maior garantía de éxito contra esta e outras ameazas.

Temas: POLICíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta