Temas: PARO UE

Galicia, entre as rexións con máis paro de Europa

Un informe de Eurostat sitúa a comunidade galega no grupo de 29 marcadas en vermello no mapa do desemprego na Unión Europea. Galicia conseguiu reducir o paro entre os mozos, pero é a única autonomía en España, xunto con Madrid, na que aumentaron os parados de longa duración.

Por Alberto Quian | Madrid | 28/04/2016 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Eurostat, a oficina de estatística da Comisión Europea, acaba de publicar un informe no que sitúa a Galicia no grupo de 29 rexións coas taxas de paro máis altas da Unión Europea. A comunidade galega é marcada en vermello no mapa do desemprego europeo e é, xunto con Asturias, a única rexión do norte de España incluída no grupo de cola en emprego, composto exclusivamente por rexións do sur de Europa.

Mapa europeo do paro en 2015 por rexións
Mapa europeo do paro en 2015 por rexións | Fonte: Eurostat.

O informe de Eurostat, con datos de 274 rexións do ano 2015, divide as rexións europeas en cinco grupos: as que teñen unha taxa de paro por debaixo do 4,7%, as que están entre o 7,2% e o 11,8%, as situadas entre o 11,9% e o 18,7% e, por último, as que superan o 18,8%, marcadas en vermello. É neste grupo no que se sitúa Galicia, cunha taxa de paro do 19,3%, o que a coloca como a única rexión do norte de España, xunto con Asturias (19,1%), no grupo europeo coas porcentaxes máis altas na UE. No Estado, Galicia ocupa o noveno posto cos índices de paro máis altos.

Malia que a comunidade galega conseguiu rebaixar a taxa de paro en 2,4 puntos entre os anos 2014 e 2015, non logrou saír dese grupo de cola. De feito, a baixada do paro en Galicia non é excepcional, xa que a maioría das rexións europeas reduciron a súa taxa de desemprego en 2015.

Galicia tamén conseguiu rebaixar o paro entre os máis novos, no grupo de 15 a 24 anos de idade, pasando do 48.5% en 2014 ao 43.5% en 2015, ocupando tamén o noveno posto no Estado coas taxas máis altas.

O dato máis negativo é o que se refire aos parados de longa duración, que só aumentaron en Galicia e na Comunidad de Madrid, en España. Así, no noso país pasaron do 53.4% en 2014 ao 54.7% en 2015, colocando a Galicia na oitava posición no Estado; mentres qu en de Madrid pasou do 53.4% ao 55.7%.

Segundo o informe de Eurostat, máis do 60% das rexións da UE rexistraron unha diminución de cando menos 0,5 puntos porcentuais na súa taxa de desemprego en 2015, en comparación con 2014. Porén, o informe salienta as enormes diferenzas existentes entre as distintas zonas, coas taxas máis baixas nas rexións alemás de Friburgo e Niederbayern (2,5%), Oberbayern e Oberpfalz (2,7%), e a checa de Praga (2,8%). No extremo oposto, as taxas de paro máis altas se rexistraron en Melilla (34,0%) e Andalucía (31,5%), Macedonia Occidental (30,7%), Canarias e Estremadura (29,1%).

Entre as 274 rexións daa UE para as que se dispón de datos, 60 tiñan una taxa de desemprego do 4,7% ou menos no ano 2015, isto é, a metade da media europea, que se situou no 9,4%. Destas, 24 rexións son de Alemaña, 21 do Reino Unido, cinco de Austria, tres da República Checa, dúas de Bélxica, Hungría e Rumania e unha de Italia.

Pola contra, 29 rexións tiveron unha taxa de do 18,8% ou máis: 11 de Grecia, 10 en España e catro en Francia (todos os departamentos de ultramar) e Italia. É neste grupo no que se sitúa Galicia.

Temas: PARO UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Xosé

Menuda comparación. Se cadra a solución logo é marchar a Bulgaria ou Romanía, que teñen rexións con pleno emprego, tal como mostran os datos de Eurostat. Do tipo de emprego que teñen por alí (que lles permite ter unha taxa de paro inferior ao 5%) xa case mellor non falamos, non?

1 teutonio

Ou marchar a Flandres, Cornualles, Baviera ou mesmo Estonia, Silesia ou os Highlands, na periferia europea..

3 Ana

Soberania e inversion publica, esa é a solucion o paro. Xa ninguen cree no conto do libre mercado, nin no euro. E necesario un estado soberano con politica industrial propia, que invirta na creacion de emprego, e con unha moeda propia e un banco central que preste o estado directamente. O euro so beneficia os paises do norte de Europa e a banca privada que fai o gran negocio prestandolle aos estados (conseguindo que estes se endeuden), cando tiña que prestar directamente o BCE. SI a Confederacion Iberica, con Galiza como un dos estados membros e con unha moeda propia e un estado con politica industrial.

1 Uejh

Confederación ibérica, pra que sigan a deslocalizarse as empresas a portugal e tirando os salarios.

2 Lei de Murphy

Dende que eu lembro, a precarización laboral na Galiza, sempre foi fomentada polo colonialismo, como medío de usar o pobo galego coma man de obra tal bestas de carga a explotar, e fonte de remesas de divisas de outras moedas, espalladas polo mundo, vitais para a supervivencia económica xunto co turismo do réxime franquista. Sempre foi Galiza inxustamente tratada nos investimentos estatais. Se privou a Galiza de voz, que coma os voltios foron para Zamora. Agora presumimos de cumplir co déficit para soster os malgastadores. Somos un pobo maldito coma afirmaba o xenro de Marx...e un choio para quén nos asoballa.

1 ntrif

Vaya, "rexion", por fin algo con sensatez y alejado de espiritualidades. Supongo que a los beatos del nacionalismo dogmático el término "region" le escocerá en los ojos, pero eso se cura con una desentoxicacion ideológica.

1 Fausto Pereira

A mi lo que más me escuece es el porcentaje de paro que tenemos... Si sacas términos " políticos" de este artículo una de dos, o no te da para más o eres un niño de papá con el futuro solucionado... Espero que lo segundo..

2 teutonio

Vaya, un nacionalista gallego que es tan paleto de no darse cuenta que se trata de nomenclatura técnica de la Comisión Europea, que pone al mismo nivel las Comunidades autónomas NUT2 con divisiones provinciales de las naciones que forman parte del RU o de las subdivisiones de los estados federados de Alemania o Bélgica. Faga o favor, lea máis paduano! e se a fonte está en inglés aprenda esa lingua! http://ec.europa.eu/eurostat/web/nu...