De cada 10 novos parados en España, 4 son galegos

Pésimos datos da EPA neste trimestre en Galicia. A situación segue a ser alarmante sobre todo entre os mozos e en cidades como Ferrol.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 28/04/2016 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O pais está a fronte dos datos negativos da  Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada esta mañá e correspondente ao primeiro trimestre de 2016. Dos 11.900 parados máis que hai no Estado, 5.100 son galegos, o 42,8%.

Presentación dos datos do paro no Ministerio de Empleo
Presentación dos datos do paro no Ministerio de Empleo

Isto supón que en Galicia o desemprego está a subir en Galicia a un ritmo 9,2 veces o do Estado. En España neste trimestre o paro subiu a penas un 0,25%, mentres que na autonomía fíxoo nun 2,31%. 

O máis preocupante desta EPA é que se rompe a tendencia dos dous anos anteriores. Normalmente o primeiro trimestre é malo para o emprego, pero nos dous últimos anos logrouse crear postos de traballo. Non sucedeu así en 2016. Hai 227.900 persoas no desemprego no país.

Con todo, a situación en Galicia mantense un pouco mellor que na media estatal. A tasa de paro é do 18,2% e en España hai unha media do 21%.

Sorprendentemente, por sectores, segue a recuperarse o emprego no sector primario. Neste trimestre repuntou en 1.100 peroas. A construción e a industria desínflanse, perdende 1.900 e 1.400 respectivamente. 

O problema do paro segue a ser especialmente grave entre os mozos. No colectivo de entre 16 e 29 a penas un 35% ten traballo. Un 16% está apuntando no INEM e o restante 48% a Administración clasifícaos como “inactivos”.  Dos que teñen un emprego, case o 60% dos mozos está cun contrato temporal. 

A nivel de cidades, a situación está mellor en Santiago e Lugo, cun 53 e un 51 de taxa de ocupación. En Ferrol, menos de 1 de cada 3 habitantes ten un emprego remunerado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Contante

Son os mellores datos de emprego en Galicia no primeiro trimestre do ano segundo a EPA en toda a serie histórica. A tendencia dos dous anos anteriores de baixada do paro foi no conxunto do Estado. Hoxe hai en Galicia moitos menos parados que hai un ano. Hai que dar tódolos datos, sen manipular.