Todo listo para a Feira do Libro de Santiago

A premiada novela histórica de Manuel Portas e o libro de poesía de Manuel María para grandes e pequenos serán protagonistas de dúas das presentacións que haberá na feira.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2016 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Feira do Libro de Santiago está a piques de empezar días antes da Festas da Ascensión.  demáis da exhibición e compra de libros hai unha serie de actividades complementarias: firma de libros por parte de autores coñecidos, sorteos, campañas de promoción da lectura, visitas guiadas, etc. 

A cantante Uxía
A cantante Uxía | Fonte: compasdacosta.com

Dende este sábado día 30 de abril ata o vindeiro domingo día 8 de maio, a Feira do Libro de Compostela acollerá, entre outras moitas, tres presentacións de libros da Editorial Galaxia

O vento arrinca este sábado no Paseo da Alameda, como cada ano. Unha das principais editoriais do país, Galaxia, estará presente co seguinte programa de atos:

Sábado 30 ás 20h. Presentación de Lourenço xograr, unha novela histórica sobre o período medieval en Galicia coa que Manuel Portas gañou o Premio García Barros. Intervirán Manuel Portas, Dolores Vilavedra e Víctor F. Freixanes.

Xoves 5 ás 20h. Presentación da Antoloxía Poética de Manuel María realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela, unha ampla mostra da extensísima obra e da variedade dos temas e formas tratados polo autor homenaxeado no Día das Letras 2016. Intervirán Dario Xohán Cabana e Víctor F. Freixanes.

Venres 6 ás 20h. Presentación de Canta o Cuco. Un libro-disco para gozar coa música e cos poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016. Intervirán Uxía, Magín Blanco, Romina Bal e Víctor F. Freixanes. Velaquí un vídeo de presentación do libro-disco:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta