O presidente galego pon en dúbida os datos sobre o paro do Eurostat

“Ou os datos do Eurostat están mal ou os da EPA sobre Galicia teñen menos ocupados”, ironizou ao ser preguntado sobre un estudo da UE que sitúa ao país entre as rexións con máis paro de Europa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Eurostat,  a oficina de estatística da Comisión Europea, sitúa a Galicia no grupo de 29 rexións coas taxas de paro máis altas da Unión Europea dun conxunto de 274. De feito, é xunto con Madrid a zona onde máis parados de longa duración hai. Uns datos que, en todo caso, non cre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Fileira diante dunha oficina do paro
Fileira diante dunha oficina do paro

“Ou os datos do Eurostat están mal ou os da EPA sobre Galicia teñen menos ocupados”, ironizou ao ser preguntado por GC sobre estes dous estudos que se deron a coñecer este xoves e nos que o presidente galego tirou os datos que lle interesan. Así, do segundo, que apunta que en Galicia o desemprego está a subir en Galicia a un ritmo 9,2 veces o do Estado, acadando case a metade dos novos parados do Estado, Feijóo preferiu quedar co dato interanual e non co trimestral.

Temos 33.000 persoas ocupadas máis que en marzo de 2015 e 47.8000 desempregados menos e menos paro que no primeiro trimestre de 2013. Se os datos sobre emprego evolucionaran deste xeito, firmaba inmediatamente”, indicou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Feijóo insistiu en que Galicia é a 5ª autonomía na que máis baixou o paro e que hai 24 meses consecutivos de crecemento das afiliacións na Seguridade Social.

Pero, preguntado, sobre os datos do trimestre, que son moi negativos para Galicia, Feijóo volveu recuncar que, en todo caso, son os de menor incremento “da serie histórica” dos trimestres. “E isto acredita que non debemos pensar que sobe o paro, porque é todo o contrario”, suliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Balbino de Neira Vilas

Pperiodismo basura. Onte saíron as cifras do paro en Galicia. Moi malas. Hoxe, na Voz de Galicia, nin unha soa mención na portada. E no interior, moi interior, a noticia, manipulada. As subvencións de diñeiro público da Xunta teñen efecto. Periodismo lixo ao servicio do PP.

1 Ana

Claro, os problemas que hai en Venezuela son reais mais os de Galiza son inexistentes. Agora toca falar de calquer tema menos dos problemas reais do pais: paro, problemas demograficos, desigualdade, emigracion, situacion da sanidade e dos sectores lacteo e a pesca, a situacion da lingua galega, etc. Iso si, a cidadania tamen ten parte de culpa pq co seu voto pode mudar as cousas. Eu teño claro que sin sair do euro, renegociar o pago da debeda publica e un estado con politica industrial non hai solucion ao paro. A UE fai tempo que deixou de ser un paraiso para o sur de Europa e o "mito" do libre mercado caeu cando ata os capitalistas sairon a rescatar o sistema financieiro.

1 Doutor Ghu

Ana, estás no extranxeiro? É só unha observación porque non hai nin un til no teu texto