As vítimas do accidente de Angrois, expulsadas do Congreso

PP e PSOE votan en contra dunha comisión de investigación tal e como reclamaba En Marea. Varias das vítimas e familiares foron expulsados do hemiciclo por berrar “hipócritas” e “senvergoñas”.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 28/04/2016 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

O Congreso volveu votar, unha vez máis, en contra da creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de tren en Angrois. Unha negativa que contou co apoio dos deputados do PP e do PSOE e o voto favorable do resto dos grupos da Cámara.

Protesta das vítimas do accidente de Angrois no Congreso
Protesta das vítimas do accidente de Angrois no Congreso | Fonte: DN Facebook

Por iso, familiares das vítimas deste accidente membros  da Plataforma 'Vítimas do Alvia 04155' chamáronlles “hipócritas” e “senvergoñas” aos deputados destes grupos, polo que foron expulsados da tribuna de invitados do Congreso, ademais de por mostrar camisetas coa lenda 'Verdade, xustiza, non máis mentiras' e diversos DVD co documental que se realizou sobre o sinistro.

Xa fora, o presidente desta Plataforma, Jesús Gutiérrez, criticou a hipocresía destes partidos por dicir que “están coas vítimas” e logo negarse a abrir un comisión de investigación. "É unha auténtica vergoña", dixo ao referirse á traxedia na que perderon a vida 81 persoas e máis de 140 resultaron feridas.

Durante o debate parlamentario foi a deputada de En marea a que leu unha carta da Plataforma de Vítimas do Alvia na que cualificaban de "miserenta" a actitude do Goberno central e o galego e instan ao portavoz do Grupo Popular no Congreso, Rafael Hernando, a pedir "perdón" por dicir que as vítimas estaban a ser "manipuladas".

As palabras da portavoz de En Marea levaron ao portavoz do Grupo Popular a pedir unha quenda por alusións no que volveu a reprocharlle que "utilice politicamente ás vítimas con fins políticos". "Vostedes non van dar leccións de vítimas, nin de accidentes, nin vostedes nin os terroristas cos que vostedes se relacionan no Parlamento Europeo", soltou, en referencia á visita a Bruxelas do exportavoz de Batasuna Arnaldo Otegi.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 antiburras

Parece que Galiza si tiña voz no Parlamento Español

1 Gamela

na lexislatura fantasma... o bipartidismo quedou ben retratado ! http://cabozo.com/taboext.php?grupo...