Diferencias sobre a constitución de En Marea como partido

Podemos, Anova, EU e as mareas municipalistas difiren sobre o camiño da coalición das pasadas xerais. O obxectivo é ter grupo parlamentario propio na Cámara, diferente ao de Podemos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/04/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

En Marea vai camiño de converterse nun partido clásico para, deste xeito, ter presenza propia no Congreso dos Deputados se se repiten as eleccións xerais. Sen embargo, non todos os integrantes desta coalición están de acordo con esta fórmula.

Deputados de En Marea nas escaleiras do Congreso
Deputados de En Marea nas escaleiras do Congreso

Alexandra Fernández, portavoz de En Marea no Congreso, foi a que anunciou públicamente que "están a darse os pasos dentro do proceso de debate". Foi na rolda de prensa posterior a súa entrevista co rei español. "A cuestión do partido instrumental está a estudarse, está a debaterse, e eu creo que temos que seguir camiñando nese sentido e que ademais que é unha fórmula que xa se utilizou nas mareas municipalistas, que permitiron integrar as diferentes sensibilidades políticas e culturas políticas nun mesmo espazo", afirmou.

Sen embargo, en Podemos, o debate é máis amplo. Hai uns días a súa voceira en Galicia, Carmen Santos,  deixaba claro no seu perfil de Facebook que, aínda que a súa aposta é En Marea, ela, como secretaria xeral, está “traballando sen descanso para que Podemos saia o máis fortalecida e estruturada posible da situación anterior”.

Por iso, insistiu en que serán os militantes quen decidan o futuro de Podemos en Galicia.  “Tal e como di o noso documento de Podemos Galicia (que volvo repetir, votaron fai nada miles de inscritos) o espazo da confluencia é En Marea, e que esta ten que ser unha confluencia aberta e con primarias de xeito totalmente inegociable para que Podemos esté dentro desta confluencia (como eu manifestei ata a saciedade que así desexo) e que se apoie este espazo tras unha consulta á militancia que, finalmente, é a que debe dictaminar como concurre Podemos nas autonómicas”, indicaba.

Preguntada sobre a postura de Podemos neste debate, Fernández recoñeceu que "é evidente que hai diferentes opinións". "Estamos nun proceso de debate sorbe esta cuestión", suliñou ao tempo que lembrou que “nas eleccións municipais aprendeuse que cando todos participamos en pé de igualdade, tanto militantes de organizacións políticas como cidadáns, pódense construír espazos que multiplican".

Pola súa banda, tampouco en Esquerda Unida hai unanimidade sobre cal debe de ser o futuro de En Marea. Boa parte da súa cúpula considera que a mellor opción é convertelo nun partido, tal e como xa se fixo con AGE para as autonómicas galegas de hai catro anos.  Sen embargo, a posibilidade dun acordo en Madrid entre Podemos e IU pode facer cambiar as previsións iniciais xa que Galicia podería entrar no "cupo" de deputados desta formación.

Quen polo momento amosouse máis favorable a deixar as siglas a un lado e presentarse unidos nun único partido para ter “voz e voto propios en Madrid” é Anova e as mareas municipais. Consideran que, deste xeito, e tal e como fixo Compromís, En Marea poderá ser considerado un suxeito político “propio e galego” e, polo tanto, ter grupo parlamentario de seu.

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, está nesa mesma tesitura. Así, onte suliñou que a súa proposta de rexistrar En Marea como un partido instrumental "non é un capricho", senón que é unha cuestión que de levarse a cabo tería "unhas consecuencias de eficacia" no traballo da formación no Congreso.

"Estamos a xogarnos, entre outras cousas, ter máis tempo de intervención nas Cortes e unha cota de iniciativas. A ver se se lle explica ben aos cidadáns e aos actores de todo o espazo de En Marea, para que vexan que esta cuestión non é un capricho", dixo nun acto en Ferrol.

O veterano político galego profundou en que, unha vez se celebren as novas eleccións, o "máis lóxico" é que a formación "acabe tendo grupo parlamentario propio" porque, explicou, a "potencia de lume" no Congreso "sería completamente distinta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Procesiones pederagicas

Que di Yoly que de novas listaxes, rien de rien, que ela recunca no carguiño e no dedazo cupular, Que di tamén Yoly que de mareylla de verdade, rien de rien ,tamén, que a mareylla so é unha tramolla teatral e que para reivindicar a Don Quijote non precisamos de grupo parlamentar e que en Podemos está moi ben.

2 Gamela

Carmen Santos fala de autonómicas... Beiras de converter En Marea no "seu" instrumento partidario (AGE) só que agora metendo ás mareas municipalistas no cotarro... Pero ninguén dí como foron feitas as Listas de Congreso e Senado (?) Seica auga pasada só ha mover o mesmo muíño. // Algúns estamos fartos da Sopa de Siglas // Van matar a ghaliña ?

1 Liberados de AGE non

Que diferenzas nin que gaitas. Xa o dixo a extestigo de Jehová: farase o que lles ordene o Mesías madrileño despois da oportuna audiencia. PUNTO.