Beiras chama ao BNG a sumarse ao Goberno de Ferrol

A marea local vota hoxe en Asemblea se continuar co pacto co PSOE. Beiras defende a vixencia dos pactos e reclama amplialos.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 29/04/2016 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

O portavoz de ANOVA defende a continuidade da coalición de goberno en Ferrol. Xosé Manuel Beiras declarou este xoves, tras reunirse co edil Jorge Fernández, na capital departamental que cómpre por enriba o proxecto en común “fronte as diferencias que poidan existir entre as lecturas as veces discordantes entre o grupo socialista e o de Ferrol en Común”. 

Jorge Suárez, acalde por Ferrol en Común, e Beatriz Sestayo, líder do PSOE local; os dous socios do Goberno local
Jorge Suárez, acalde por Ferrol en Común, e Beatriz Sestayo, líder do PSOE local; os dous socios do Goberno local | Fonte: galiciaartabra.com

Este venres hai asemblea extraordinaria de Ferrol en Común. A orde do día inclúe como punto único a “Análise e Valoración do Pacto FeC-PSOE”. Os tira-puxas entre a marea e os socialistas foron subindo de volume nas últimas datas até ameazar a continuidade do pacto. 

Beiras defende a continuidade e aplaudiu “a liña política seguida polo alcalde e Ferrol en Común, pero do conxunto do goberno, onde está tamén o PSOE”. É máis, o líder animou a súa ex-formación, o Bloque a sumarse ao Goberno. “Sería estupendo que todos os que se reivindican deste páis e de esquerda, tamén se sumen a apoiar, e isto vai polo BNG”, indicou.

O parlamentario volveu a mostrar un discurso a favor dos pactos. Para as autonómicas, insistiu en que cómpre reformular e ampliar En Marea. De cara as xerais de xuño, argumentou que cómpre transformar a coalición do 20D nun partido instrumental para evitar que Galicia volva a quedar sen grupo parlamentar no Congreso. Na súa opinión, a repetición dos comicios débese a que o liderado estatal do PSOE non tivo liberdade dabondo para artellar un pacto de esquerdas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 A Tahona

Xa dixo o Papa Negro que NON, como volo imos explicar?

1 Rocinante

Si, o da Melena da Complu. Madriletas chulapos mandan. Os gallegiños a velas vire.