Nova rebaixa dos .gal: en maio dende 18,95€

O prezo habitual do dominio galego ronda os 50 euros. Co gallo do mes das letras poderase conseguir cun 60% grazas a unha nova promoción.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/04/2016 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra este ano o Día das Letras e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha rebaixa no prezo de máis dun 60%. A asociación xestora informa que vanse poder rexistrar dominios ou renovalos por un prezo máximo de 20€ (mais IVE) nos rexistradores sumados á promoción.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL | Fonte: ortegalingua.blogspot.com

Entre eles está Dinahosting, o único rexistrador galego e un dos poucos do Estado acreditado diante da ICANN, o ente que goberna os dominios da Internet e o que ten máis cuota de mercado do .gal.  As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este período fará posible atopar dominios dende 18,95€ ata os 20€ (máis IVE). 

O putgoGAL conta arestora con 3.020 dominios, segundo a web NTLDstats. A Asociación puntoGAL agarda aumentar esta cifra cunha próxima campaña de publicidade, titulada ‘Este mes temos dominio do bo tempo’. 

“Estamos traballando por informar da importancia para as nosas empresas e demais entidades en facerse visibles na rede“ dinos Edita de Lorenzo, directora xeral de PuntoGal. O .gal está xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro, con mais de 100 asociados incluíndo entidades representativas da diáspora galega. 

Presentación das fases de lanzamento do puntoGAL
Presentación das fases de lanzamento do puntoGAL | Fonte: Marcus F.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 nostrus

teutonio. en Galicia hai liberdade para usar a lingua oficial que che pete e si ben pode haber algun galegofalante que se pase ao castelan por algun perxuicio, tamen hai castelanfalantes que se pasan ao galego por unhos perxuicios parecidos e non ser vistos como unhos extraterrestres por falar español. Mira unha cousa, en Galicia antes usabanse medidas que desapareceron como o canado, o ferrado ctr, ¿estamos obrigados a usalas para non contradecir a cultura?. Xa sei que non che vai gustar o exemplo.

1 teutonio

Pois non, mostras o prexuízo típico, ligando o uso do galego e a súa normalización ao pasado, cando é o contrario, as sociedades avanzadas e democráticas son as que protexen as súas linguas. As estatísticas oficiais mostran ben claro cal é a proporción de persoas que mudan de lingua tanto a nivel interxeneracional como durante as súas vidas e as razóns polo que o fan (decisión persoal, entorno xeográfico, entorno social, etc.) e o certo é que a maioría de castelanfalantes o fan por decisión persoal, pola contra os galegofalantes mudan por factores externos. Simplemente tes que entrar na web do IGE. E iso sen contar os comportamentos diglósicos por prexuízos dos propios falantes (entrar en Zara) ou por medo a que estes sexan marcados (CV en galego). Calquera galego con ollos e orellas o pode ver, comparar uns falantes con outros é tomarnos por parvos e a proporción e as razóns polos que mudan de linguas é tomarnos por parvos.

3 Fartodenazionalistas

No nos engañemos, el . GAL nace como "oposición" nacionalista al .es. Sólo cuando se entienda como complemento compatible, tendrá éxito y será aceptado sin suspicacias. Mientras tanto, eso no lo arregla ni Paco con las rebajas.

2 galegoespañol

A responsabilidade é dos que levan tres décadas ca teima da desaparición do galego. Situacións coma tratar de eliminar ou agochar o castelán no ensino ou nas institucións públicas; os feitos que sitúan á lingua por riba dos dereitos das persoas; a permanente loita contra todo o que cheire a español... cousas dese tipo son as que a maioría dos cidadáns asocian aos nacionalistas, e cousas como o .gal cheiran a nacionalismo que bota para atrás. A normalización terá que ser voluntaria ou non será.

1 cal hai que usar?

Non entendo o teu ponto de vista. Non gostas do .gal. Como hai que facer entón, ou que dominios hai que usar? O gl. de Grenlandia? Ou o .es?

2 teutonio

A normalizacion e tan voluntaria como a saude, ou a igualdade social, a autonomia galega ten que facer politica publica pra logralas, asi o decidiron os galegos ao votar o estatuto de autonomia e asi o deciden os representantes dos galegos ao aprobar a lei de normalizacion ou o plan de normalizacion. Por outra banda, contrapos o argumento castelan liberdade, galego imposicion cando isto esta lonxe da realidade, de facto nun comentario anterior explicas como o castelan se impon a liberdade dos galegofalantes a hora de escribir os seus cvs ou realizar entrevistas de traballo en galego. Mentres que sobrevivan estes preconceitos na sociedade os falantes non seran libres de escoller que lingua empregar... e moito menos se o galego non esta normalizado en areas nas que a alguns mesmo lle parece mal que sexa utilizado (comercio, empresa, xustiza...).

1 Gj27

Ofertaaaaa, rebaixaaaas, LooooL O punto gal se asocia a nacionalismo con todolos seus excesos e estridencias, e ao igual que ninguén se atreve a presentar un currículo en galego por se pensan que es nacionalista, ninguén que queira ofrecer unha imaxe normal, non ideoloxizada, vai usar ese dominio por barato que sexa.

1 Benigno Andrade

Xa, bueno. E a ti paréceche normal claro.

2 teutonio

Meu, entendo que non che gustan os nacionalistas galegos, pero non e un argumento absurdo describir ese prexuizo existente na sociedade e eses comportamentos fora do normal nun pais libre e democratico pra atacar a esa ideoloxia?, estaslle a dar a razon cando critican a supervivencia de vellos preconceitos e a aparicion de novas marcas negativas e a necesidade de normalizar a lingua pra acabar con eles, logrando que os galegofalantes poidan empregar a sua lingua en liberdade en toda situacion

3 Gj27

Non me fagades rir. Ese punto gal traballa, fai "construcción nacional" pola independencia de Galicia, e ao igual que non trago conque ao Auditorio de Galicia lle vaian poñer nacional porque os promotores do cambio pensen na Constitución como se foran os seus cans --fóra a alma-- constitución que fala de nacionalidades, e tal e tal e tal, tampouco trago dobrado o punto gal, que vai na mesma liña. Hai que ir mais de frente. O nacionalismo, co seu exclusivismo no de dar carnés de galeguidade e fumes de suposta superioride moral na defensa do galego recolle co .gal o que sementou.