O 15 de maio, clave para o futuro da confluencia galega

A coordinadora de En Marea anuncia unha asemblea aberta para fixar a estratexia cara as eleccións españolas e galegas. Polo de agora, os socios manteñen posturas diferentes sobre a forma que debe adoptar a coalición.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/04/2016 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

A inminente convocatoria de eleccións xerais precipita os acontecementos na coalición En Marea. Un dos socios, ANOVA Irmandade Nacionalista, anunciou que “haberá asemblea xeral aberta de En Marea o 15 de maio para camiñar cara ás eleccións ás cortes e ao Parlamento Galego”.

Deputados e senadores de En Marea antes dun acto en Vigo
Deputados e senadores de En Marea antes dun acto en Vigo

O anuncio prodúcese despois dunha longa reunión este venres entre responsábeis de ANOVA, Esquerda Unida, Podemos Galicia e algunhas mareas municipalistas. 

Todos coinciden na necesidade de reeditar a coalición e ampliala polas bases con tempo, para evitar os apuros e improvisacións do 20D. Agora ben, subsisten as diferencias sobre cal é a mellor forma de artellar a coalición.

O grupo xa iniciou a inscrición de En Marea como partido diante do Ministerio do Interior, que polo de agora non finalizou a tramitación do expediente. Con todo, esta solución (a de crear un partido aínda que sexa co alcume de “instrumental”)  non é compartida por todos.

Un dos factores a ter en conta son as negociacións entre Podemos e Izquierda Unida. Os dous actores déronse un prazo dunha semana para pechar un acordo, que consideran está encamiñado. Un pacto a nivel estatal obrigaría a que Esquerda Unida e Podemos Galicia buscaran outro acordo ad hoc no país para incluír nesa confluencia a outros actores, especialmente a ANOVA.

O partido de Xosé Manuel Beiras e a marea de Santiago (Compostela Aberta, liderada polo dirixente de ANOVA Martiño Noriega) son os defensores máis decididos da postura do partido instrumental. Xosé Manuel Beiras -líder de ANOVA- argumenta que así a Mesa do Congreso non podería volver a negar o grupo parlamentar propio a En Marea, como sucedeu tras o 20D. 

Os que argumentan en contra do partido instrumental advirten que o regulamento do Congreso tamén especifica que non poderá haber deputados dun mesmo partido en dous grupos parlamentares. Un requirimento que, por outra parte, a propia mesa do Congreso violou varias veces no pasado sen ser corrixida polo Tribunal Constitucional.

Seguindo esta liña de razoamento, sería imprescindíbel que a Mesa do Congreso fose proclive a conceder o grupo parlamentar á confluencia aínda que haxa deputados militantes de Podemos e Esquerda Unida e a existencia dun partido propio non resultaría, polo contrario, fundamental. Algúns grupos de Podemos, como o de Santiago, xa expresaron as súas dúbidas sobre é compatíbel a militancia en Podemos coa militancia noutra formación oficialmente inscrita no Registro de Partidos do Estado. 

A esta lea burocrática hai que engadir a postura das Mareas en Común, dispostas a institucionalizar o seu proceso de confluencia, bautizado Marea Viva, incluso como partido político propio, novo instrumento que logo podería ser empregado no diálogo con outras forzas.

En definitiva, a Asemblea do 15 de maio antóllase clave para lograr que a confluencia galega chegue cos deberes feitos as próximas eleccións e non suceda como nas pasadas, cando se presentou sen primarias e cun programa electoral que non viu a luz até unha vez comezada a campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

15 Antonimus

A ver se os de Podemos aceptan o do partido instrumental, senón o fan, estarían apostando pola absoluta subordinación de Galicia, pois agora xa non hai excusa, xa se é coñecedor da imposibilidade de ter grupo parlamentar coa fórmula coa que se concorreu nas anteriores eleccións. Despois de escoitar a Carmen Santos hai un par de días, non teño nada claro a fórmula, facía tempo que non escoitaba un discurso político de sumisión, unha especie de cesaropapismo subordinado a Pablo Iglesias. Chegou decir que depois do debate o seu secretario xerl xa decidiría o que é mellor para Galicia...o concepto da sirvienta galega aplicada á política. Tampouco sei que pasaría con A Nova se Podemos non acepta a creación do partido, sería un ataque ao ADN da organización de Beiras e concorrer así sería TRAGAR coa destrución dunha visión mínimmente nacionalista.

1 Leirachá

Xa tragou antes, por partida dobre ou quintuplicada: farsa da confluência, listas a dedo, espazo prioritário para foraneos (Podemos e IU), mentira do grupo galego, agochados baixo Podemos (fronte o modelo de Compromis). A única esperanza que podemos aguardar hoxe os galegos non sometidos está nas Mareas, pois o BNG resultou falido e tramposo (mesmo vendido ao PsoE), e as Mareas non están à altura. Conformarse ou protestar? Eu escollo esixir dignidade e actuar como galegos. Beiras, Martinho e Ferreiro deben decidir: o entreguismo ou a defensa dos galegos! Basta de farsa!

14 Antonimus

A ver se os de Podemos aceptan o do partido instrumental, senón o fan, estarían apostando pola absoluta subordinación de Galicia, pois agora xa non hai excusa, xa se é coñecedor da imposibilidade de ter grupo parlamentar coa fórmula coa que se concorreu nas anteriores eleccións. Despois de escoitar a Carmen Santos hai un par de días, non teño nada claro a fórmula, facía tempo que non escoitaba un discurso político de sumisión, unha especie de cesaropapismo subordinado a Pablo Iglesias. Chegou decir que depois do debate o seu secretario xerl xa decidiría o que é mellor para Galicia...o concepto da sirvienta galega aplicada á política. Tampouco sei que pasaría con A Nova se Podemos non acepta a creación do partido, sería un ataque ao ADN da organización de Beiras e concorrer así sería TRAGAR coa destrución dunha visión mínimmente nacionalista.

13 Anxo L. Pastoriza

As noticias só as comentan trolls de Anova e BNG, que mágoa!! Só con ler 'paco zarzuelas' 'vieiras' 'a dos testigos de jehová' xa sabes que trátase dun troll que só quere fastidiar...

12 Asesores de AGE non

Que xa vos dixo a dos testigos de Jehová que NADA DE NADA non insistades plastas. Aqui todo o mundo quere ser o jalo do jaliñeiro e o único que vos van deixar é migallas. contra quen empatastes vos

11 John McNamara

O sentido común "Castelao" é que o BNG apoie un proxecto nacional e de esquerdas, que quer dicer isto?, un proxecto de esquerdas non supeditado aos intereses de Pablito Iglesias nin de Garzón. O ridículo de En Marea é abofante no Congreso, tanto é así que dúas deputadas do BNG facían máis en 4 meses que 6 deputados/as das En Marea, e non só iso senón que tiñan máis tempo para falar. En fin, botar ao PP, para non saber que?, e é coherente porque o nacionalismo sabe que para cambiar as cousas non vai ser por decisión dun goberno de esquerdas en Madrid, senón porque así o quera o Pobo.

1 Violeta

Xanciño, o que "quera" o povo!!! Que ridiiiiiiiiiiiiculo o galego dos amamantados do Beneguai!!! O povo galego non vos quere, cheirades a raposo. Fedor destapado ali onde tocades poder, compartido co PsoExpañol, pola mantenta. Vos sostedes a impresentable Carmela Silva, aupastes a Abel Caballero, apoiastes a Orozco ou aos suxos de Ourense... Sodes sistema expañol!!! E a lexislatura normalizada, estupendo bloqueiro, ainda non comezara. Claro que deta vez non tiñamos unha Olalla como deputada profisional..., e iso doe para os chuchadores do publico, verdade?