Bascuas presentarase as primarias abertas de Compromiso

Tras a saída dos partidarios de sumarse ás mareas, a formación galeguista elixirá o seu candidato á presidencia da Xunta e os cabezas de lista provinciais por procedemento de primarias abertas a cidadanía, un proceso que comeza hoxe e culminará o 29 de maio.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/04/2016 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou hoxe o seu regulamento para as primarias abertas á cidadanía para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia.

Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia
Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia | Fonte: compromiso.gal

“Con isto abrimos xa o procedemento para elixir o noso candidato ou candidata á presidencia da Xunta, así como os cabezas de lista das outras tres circunscricións provinciais”, asegurou o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas.

O proceso que se inicia hoxe rematará o día 29 de maio cunhas eleccións primarias abertas á cidadanía. “Convidamos a toda a cidadanía galega non só a votar senón tamén a presentarse como candidatos”, concluíu o secretario xeral de Compromiso.

O propio Bascuas confirmou que, salvo impedimento de última hora, considera que vai presentarse as primarias para ser cabeza de cartal á presidencia da Xunta. As primarias chegarán tras un profundo debate interno sobre coaligarse coas mareas.

 

A postura maioritaria de presentar unha candidatura propia nos comicios autonómicos provocou a saída de ducias de militantes, algúns deles moi relevantes como, entre outros, o ex-senador do BNG Pérez Bouza ou o candidato nas europeas, Paulo Carlos López.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Jesse

Bascuas 3 e Bouza 1. CxG 3 e Marea 1. É a nova realidade

4 John McNamara

Unidade de acción de CxG, BNG e toda a xente que participaron en Nós sen afiliación. Por favor!!!!

3 De Lalín

Consello Político Nacional....A-ha, a-ha. Catro amiguetes aburridos. Poucas aventuras políticas hai máis patéticas que a de Bascuas en CxG. Todo foi unha paiasada para que un cacique metido a estratega tivese unha siglas, das que se desfixo en canto foi necesario. Hoxe o cacique xa ten - polos pelos - o seu cacicato e Bascuas está máis só que a una. Anda, vaiche para casa e deixa de facer o ridículo cos teus 4 jatos

1 Roi Castro

E ti no sofá criticando á xente que quere facer algo... Vai darlle a lata aos do bar que polo menos finxen que lles interesa a túa opinión, anda!

2 Atilano

Marcharon traidores relevantes de CxG, como o mareado de Ames Novo Quique Monteagudo, que xa suma un ronsel de siglas nas que militou e que en realidade non militou en ningunha, senón que el quérese moito a sí mesmo e é do partido QuiMon...o futuro deputado da marea Bouza que xa apalabrou co Vieiras...o que utiliza a xente e as organizacións para su beneficio propio, o lambido Paulo de Betanzos e toda a comunidade de gais e todos os restos de BNG.

1 Antipederasta galego

Pola uniòn dos galegos de nación, Ou van xuntos GxG e BNG, ou en xuño e nas galegas vou direto á praia,