A candidata Pontón di que Galicia estivo ausente no Congreso

O BNG proclama a súa voceira como cabeza de cartel á Xunta. Pontón critica aos gobernos do PP e, sen nomeala, tamén a En Marea. A nacionalista asimila a coalición galega a Podemos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/04/2016 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Como estaba previsto, o BNG designou a Ana Pontón candidata á Presidencia da Xunta. A parlamentaria foi a única candidata que se presentou.

Pontón no Consello Nacional do BNG
Pontón no Consello Nacional do BNG

A  nova voceira nacional aproveitou a proclamación para cargar tanto contra o PP como contra outras forzas opositoras. Ante o Consello Nacional, proclamou que asumía ese reto "coa firme convicción de que o Bloque representa a alternativa de presente e de futuro ante o desastre de gobernos da sen razón e sen corazón”.

“Feijóo e Rajoy son as dúas caras da mesma moeda, símbolos de gobernos ao servizo da recentralización e do grande capital, sen proxecto para Galiza e sen corazón”, denunciou Pontón. “Para ser alternativa política é fundamental ter proxecto e ideas, mais é imprescindíbel ter corazón e sentir como propios os problemas da xente”, recalcou a candidata nacionalista.

De cara á repetición das eleccións xerais, Pontón avanzou que o BNG “vai converter en oportunidade para Galiza o fracaso das forzas estatais, -vellas e novas-, en dar unha alternativa a Rajoy, converter a repetición das xerais nunha oportunidade para que Galiza recupere voz propia en Madrid”.

Sen nomealo directamente, Pontón criticou o fracaso de En Marea á hora de lograr o prometido grupo parlamentar galego. A xa candidata amosouse convencida de que os galegos e galegas “tomaron nota” dese fracaso e do “espectáculo” iniciado tras o 20D. “Tomaron nota de que Galiza quedou desaparecida nestes catro meses de paripé, teatro, roldas de prensa, xestos cara a galería, nos que os problemas do país non preocuparon, nin ocuparon a ningunha forza política do novo bipartidismo a catro”, declarou asimilando a En Marea con Podemos. 

Nun esforzo de marcar diferencias coas confluencias dixo que “honestamente, o que precisamos é un proxecto político ca cabeza e co corazón aquí, que non teña que pedir permiso a ninguén de cando e como pode defender os nosos intereses, como sempre fixo o BNG tamén no Congreso”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 antonino

Canto troll hai nesa mesas. Vomitivo ver o proetarra Xose Emilio Vicente Caneda dirixindo o BNG.

8 Antonimus

Que a fórmula elexida fixo estar ausente como nación é claro. As mareas quedaron relegadas e non tiveron iniciativa política nin estratexia propia, algunha aparición mediática e acabouse... ..., dito o cal, isto non convirte iso en positivo para o Bloque, pois as mareas estiveron ausentes ou difuminadas...pero o Bloque tamén, o Bloque nin estivo nin se lle espera e é unha mágoa que a que podía ter sido a última posibilidade de retomar o futuro coa pasada asemblea, acabara dun xeito decepcionante. O BNG a día de hoxe lémbrame o cadro aquel da "balsa da medusa( https://cinhalam.files.wordpress.co... ), sen rumbo, morrendo a bordo, sen autocrítica, ¿por que nunha situación de crise social na que se ampliaría a hipotetica base social, en vez de crecer se afunde?, ¿son os guías que conduciron a iso os que van reverter a situación?. Cada vez se parece isto máis á película "Los otros"....están mortos e non o sben

7 Sectarios excluíntes

É mentira, si que estivo. https://www.youtube.com/watch?v=VBz...

6 John McNamara

Ana, algúns, en vez de escribir se tes ou non tes razón, só saben insultar. Oubean, logo cabalgas. Agardo que o BNG faga un esforzo en presentar candidaturas nacionalistas de esquerdas ao Parlamento Español, mais que esa candidatura sexa un xesto real de que no BNG se queren cambiar as cousas, e digo isto porque visto o visto co de AGE, Mareas, Podemos, salvo honrrosas excepcións, só se pode dicir que son lamentábeis. De vós depende!

5 galegoexiliado

Ana Galicia Pontón estivo ausente do PParlamento. Outr@ Mesías guiando ó seu pobo cara o deserto hata convertilo en polvo que levará o vento e ninguén recordará. Sempre nos quedará Mario Conde. Yes we Trump.