Os sindicatos volven marchar divididos este 1º de Maio

Vigo acolleu dúas grandes manifestacións centrais, unha dos sindicatos UXT e CC.OO. e outra da CIG. Os primeiros criticaron as políticas do PP. O sindicato nacionalista denunciou as medidas dos gobernos do PP e do PSOE e reclamou "soberanía política" para solucionar os problemas dos traballadores.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/05/2016 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

Un ano máis, este 1º de Maio, día internacional dos traballadores e das traballadoras, está marcado pola división. Os sindicatos UXT e CC.OO., por unha banda, e a CIG, por outro, celebraron grandes manifestacións divididas.

Manifestantes nunha convocatoria do 1º de maio en Vigo
Manifestantes nunha convocatoria do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Vigo foi este ano o centro destas dúas grandes protestas. 'Contra a pobreza salarial e social, traballo e dereitos', foi o lema da marcha de UXT e CC.OO., mentres que o da CIG pediu 'Reformas laborais e lei mordaza, anulación xa'.

A pesar de marchar por separado, tanto CC.OO e UXT como a CIG lanzaron mensaxes e reclamacións similares, como a derrogación da actual reforma laboral, a aposta por fortalecer a negociación colectiva e a defensa dos servizos públicos, entre outros.

Sen embargo, a gran diferencia das dúas marchas foron as reclamacións políticas. Así, mentres CC.OO. e UXT centraronse nas súas críticas ao Goberno do PP, o sindicato nacionalista criticou a PP e PSOE e pediulle a Madrid cambios laborais "por ser quen ten competencias lexislativas nestas materias". De feito, houbo claras alusións ao momento político e electoral actual.

O secretario xeral de CCOO, Manuel Sánchez Aguión, denunciou o papel do PP nos retrocesos de moitos dereitos e o seu "desprezo" ao parlamentarismo e o goberno "a golpe de decreto". Por este motivo, apelou a "canalizar nas urnas o caudal de reivindicacións vivido hoxe". "Cabe facer un uso cabal do noso voto, premiando aquelas opcións que estiveron connosco, que asumen as nosas demandas", sentenciou.

A defensa dos dereitos laborais e sociais tamén centrou boa parte do seu discurso. Segundo o líder sindical, cómpre combater a "barbarie" capitalista e mobilizarse para defender os dereitos que se lograron grazas á loita obreira.

"O 1º de Maio non é unha celebración calquera, xa que nesta data lembramos que todos os dereitos dos traballadores e das traballadoras son conquistas e non concesións. Ninguén nolos regalou: son produto do esforzo e da loita obreira", destacou.

Gaiteiros nunha das manifestacións do 1º de maio en Vigo
Gaiteiros nunha das manifestacións do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Pola súa banda, José Antonio Gómez (UXT), reclamou "un cambio de rumbo" e convidou á cidadanía a que "vaia ás urnas", e aos partidos, que non concorran ás eleccións con ningún "programa oculto", como cre que fixo o PP nos últimos comicios.

"Os traballadores non poden caer na desazón", dixo, "xa que iso é o que lle gustaría a aqueles que auspician estas políticas" de austeridade e de axuste fiscal que trouxeron "máis pobreza e máis desigualdade".

"Soberanía política"

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, criticou duramente as políticas laborais dos gobernos de PP e PSOE, especialmente, en Madrid. Neste sentido, destacou a necesidade de defender o dereito a decidir dos galegos e galegas. "É de vital importancia para Galiza o ter plena soberanía política e económica se queremos realmente superar certos parámetros económicos, sociais e culturais que caracterizan a nosa sociedade", dixo en alusión aos altos índices de emigración; a perda e avellentamento da poboación; os salarios e as pensións; o aforro, os recursos enerxéticos ou a cultura e a perda de galego falantes.

Por iso, dixo que "forzas políticas e de institucións políticas e financeiras españolas" non poderán mudar esta realidade política e económica, "se non que van seguir traballando e lexislando para que Galiza siga a cumprir o papel dunha nación dependente e periférica, economicamente falando, e sometidacultural e politicamente", dixo nunha clara alusión a PP, PSOE, pero tamén a outras forzas como Podemos ou IU.

Neste sentido, e como xa fixo na campaña electoral das apasadas xerais co apoio á candidatura que lideraba o BNG, Seixo apostou por un partido nacionalista "que se converta nun movemento político e social maioritario en Galiza". "Ao igual que calquera proceso revolucionario, de transformación política, económica e social no Estado español, só vai vir da man e do exercicio da soberanía por parte das nacións que formamos parte do mesmo", suliñou.

Outras marchas

Ademais das dúas marchas principais, CC.OO. e UXT tamén convocaron actos na Coruña (desde a Praza da Palloza), Ferrol (desde a Praza do Inferniño), Santiago (desde a Alameda), Lugo (desde a Casa Sindical), Viveiro (desde Edificio Sindicatos), Ourense (desde Pavillón dos Remedios), Arousa (desde Praza da Ravella) e Pontevedra (desde Praza da Ferrería). Pola súa banda, a CIG tamén organizou marchas no sete cidades galegas: A Coruña (desde a Praza de Vigo), Pontevedra (desde a Praza dá Ferreira), Ferrol (desde Avenida de Esteiro), Santiago (desde Praza Roxa), Lugo (desde Rolda dá Muralla), Ourense (desde Pavillón de Vos Remedios).

Tamén houbo protestas dos tres sindicatos en Ribeira e Cee (A Coruña), Foz e Viveiro (Lugo), Vilagarcía, Cangas e A Estrada (Pontevedra).

Por outra banda, entidades sociais e sindicais convocaron unha manifestación "anticapitalista" e "contra a Europa criminal do racismo e da desigualdade" este 1 de maio en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 non tedes creto¡¡

sexamos serios. Defensa de TODOS os traballadores e dos dereitos de TODOS, os que gañan máis e os que gañan menos. Non a mirar para outro lado cando se trata de facerse o tolo co enchufismo xeneralizado que hai nos postos públicos, cousa que se lle da moi ben aos sindicalistos. Non a este sindicalismo de marioneta dirixida polos partidos políticos.

5 pasinto

E a FPG con quen foi? co anarquismo ou a patronal?

4 Liberado sindical

Que put...Onte había sol e tiven que traballar

1 rulos

Que chispa tedes os fascistas. Me parto

3 kapullinksi

Se queredes saber o que dixo o secretario xeral da CIG, aquí tedes, porque este medio minte, manipula e terxiversa. Apestades! http://www.galizacig.gal/avantar/no...

2 Festa dos traballadores

Por unha verdadeira esquerda tradicional, posicionada sempre a prol da clase operaria. Fora a pseudo esquerda pequeno burguesa e imperialista, co seu falso e colaboracionista discurso de clases medias e socialdemocracias imposibles sempre rematadas en social-liberalismo escravizador. Pola soberania dos pobos e dereitos dos traballadores no internacionalismo proletario. Salvemos o que queda de loita de clases no PCE e no BNG, contra os tratados de libre comercio, emigración irregular de salarios escravos, entreguismo de grupos globalistas financiados polos mafias financieiras coma Podemos. Non deixemos que a ultradereita xenófoba europea quede cos votos da clase traballadora.