Temas: CIG UXT CCOO XUNTA

Manifestacións nas principais cidades e visitas a México para celebrar o 1º de Maio

A Xunta celebra cos emigrantes galegos en México o 1º de maio. En Galicia haberá dúas manifestacións centrais en Vigo convocadas por UXT e CC.OO. e pola CIG, así como marchas nas principais cidades e vilas galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/05/2016 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A celebración do 1º de Maio, o día internacional dos traballadores e traballadoras, será moi diferente se se ten en conta quen o reivindica. Así, mentres a Xunta decidiu ir a México para manter encontros coa comunidade emigrante, as grandes centrais sindicais sairán as rúas nas principais cidades galegas.

Unha das manifestacións da CIG en Vigo o 1º de maio
Unha das manifestacións da CIG en Vigo o 1º de maio | Fonte: Miguel Núñez

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaran este domigon na "Volta Campestre' do Primeiro de Maio, organizada polo Centro Galego de México nas súas instalacións de Iztapalapa, nos arredores do Distrito Federal.

Os promotores prevén que á celebración acudan, como cada ano, máis de 4.000 persoas, converténdoa así nunha das citas máis relevantes da axenda anual da galeguidade no mundo, segundo informou a Xunta nun comunicado.

Pero os dirixentes da Xunta non só están en México para celebrar este día. Xa estableceron contactos previos coa directiva do Centro, visitaron as instalacións da entidade e asistiron como convidados a algunhas das actividades que teñen lugar no mesmo. Tamén mantiveron onte venres un encontro cos mozos que compoñen o amplo abanico de grupos folclóricos vinculados á comunidade galega.

Sindicatos

Pola súa banda, Vigo será este ano o centro das dúas grandes protestas organizadas por UXT e CC.OO., por unha banda, e pola CIG, pola outra. 'Contra a pobreza salarial e social, traballo e dereitos', será o lema da marcha de UXT e CC.OO., mentres que a CIG será 'Reformas laborais e lei mordaza, anulación xa'.

A pesar de marchar por separado, tanto CC.OO e UXT como a CIG lanzarán mensaxes e reclamacións similares, como a derrogación da actual reforma laboral, a aposta por fortalecer a negociación colectiva e a defensa dos servizos públicos, entre outros. Haberá protestas nas principias cidades e vilas galegas.

Temas: CIG UXT CCOO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario