Pilar Cancela fai unha chamada a unidade no PSdeG ante a elección do candidato á Xunta

A presidenta da xestora do PSdeG recoñece diferencias que achaca a "cuestións puntuais do momento".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/05/2016 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, instou aos socialistas galegos a estar unidos ante a elección do seu próximo candidato á Xunta e ante a posibilidade de que se presenten varios candidatos. “Os socialistas sempre somos tremendamente activos e sempre transparentamos moito os distintos posicionamentos", indicou.

Pilar Cancela, número dous do PSdeG
Pilar Cancela, número dous do PSdeG | Fonte: psdeg-psoe.org

"Estou convencida de que, unha vez elixido o candidato ou a candidata que a militancia decida, imos estar todos xuntos detrás traballando, sumando, para poder concretar ese proxecto de alternativa a Núñez Feijóo en Galicia", engadiu.

En declaracións aos medios antes de participar na manifestación de CCOO e UXT en Santiago, Cancela achacou a "cuestións puntuais do momento" esa posible división de opinións no PSdeG pero apostou pola unidade no partido.

"Quero trasladar a mensaxe de que o único obxectivo que ten esta xestora é traballar pola unidade e o reforzamento do partido, nunca estará o contrario no noso obxectivo", aseverou..

Sobre as sondaxes que sitúan ao PP como a forza máis votada o 26-J e ao PSOE por baixo da suma de Podemos e IU, Cancela dixo que as enquisas "a nós nunca nos dan ben e resulta que ao final o resultado sempre é mellor que as enquisas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta