Yolanda Díaz descarta a Beiras e aposta por unha muller como candidata de En Marea

“A min encantaríame que se presenten mulleres, que unha muller poida disputar con realidade o proceso de ser a presidenta da Xunta", dixo. Tamén mostra diferencias co líder de Anova sobre a “sintonía” de En Marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/05/2016 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A coordinadora de Esquerda Unida en Galicia, Yolanda Díaz, descartou este domingo a Xosé Manuel Beiras como candidato á Presidencia da Xunta por En Marea, ao tempo que tamén anunciou que ela non se ía postular para ese posto.

Beiras e Yolanda Díaz na rolda de prensa de AGE diante da Cidade da Cultura
Beiras e Yolanda Díaz na rolda de prensa de AGE diante da Cidade da Cultura

"Beiras é un dos grandes deste país, pero gustaríame que o candidato de En Marea á Xunta non fóra de parte. Beiras é o mellor das nosas xentes, pero se que hai moitísima xente con novos perfís que van operar neste proceso. Gustariame, que a cabeza de lista non fora de parte, que aglutinase a En Marea, que non sexa de Anova, de Podemos nin de Esquerda Unida", dixo.

Nunha entrevista na Cadea Ser, tamén ela se descartou como candidata. "Estou a xogar outro rol, son unha muller seria, e creo que se unha persoa se presenta de alcalde debe de cumprir cos mandatos que se lle outorgan, eu creo que agora mesmo debo xogar outro rol", indicou.

En todo caso, apostou por unha muller como cabeza de lista das nareas. "As operacións de desborde dos novos tempos políticos necesitan que haxa perfís e que se poñan encima da mesa”, apuntou. “A min encantaríame que se presenten mulleres, que unha muller poida disputar con realidade o proceso de ser a presidenta da Xunta", engadiu.

Neste caso lembrou o “novo tempo político” que abriu Ada Colau, ou Manuela Carmena. “Encantaríame que o noso país tivera un rostro de muller, pero insisto, Beiras é un dos grandes e queremos que nos acompañe neste proceso", precisou.

Yolanda Díaz tamén discrepou con Beiras sobre o traballo de En Marea e apostou por repetir as listas nas novas eleccións. "N comparto en absoluto a sensación de Beiras de que faltou sintonía, e ademais el non está alí, e nós si estamos alí, e fixemos un bo traballo, fixemos os deberes, e como grupo con moitas carencias e precariedade funcionamos ben", dixo.

Sobre a posibilidade dunha confluencia entre Podemos e Izquierda Unida a nivel estatal, móstrase optimista. "Son moderadamente optimista, imos camiño dunha forza de desborde, e voume a deixar a pel nese proceso necesario neste Estado para desempatar”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 STOP PEDOFILIA

Comunismo expañolento fora de Galiza

5 nostrus

"aposta por unha muller como candidata" ¿aposta por unha persona polo feito de ser muller?, pois eso é hembrismo, que é o mesmo de noxento que o machismo

4 artabrosur

sen Veiras e sen Anova non son nadie....

3 Abraiado

A tipa esta cortando o bacallau e dicindo as memeces habituais do feminismo esquerdallo... Ao Beiras estalle ben por andar facendo o indio con esa xentalla...

2 Bye-bye

Yolanda, déjate de esconder la cabeza y asume tus responsabilidades por haber encubierto a un pornógrafo infantil.